O BNG ASEMBLEAS ABERTAS APROBA O PRIMEIRO TRAMO DA SÚA CANDIDATURA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS.
O BNG Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa ven de aprobar o primeiro tramo da candidatura composto por 11 mulleres e homes cos que conta concorrer as eleccións municipais.
Cumprindo cos prazos establecidos e co anunciado anteriormente, o BNG Asembleas Abertas de Vilagarcía de Arousa acaba de aprobar na asemblea celebrada onte á noite o primeiro tramo da candidatura coa que se presentará ás eleccións municipais.
Este primeiro tramo, que foi aprobado por unanimidade, está composto por 11 persoas representantes dos diferentes eidos da vida social e cultural do noso concello, así coma por integrantes de diferentes colectivos activos na nosa cidade. Esta listaxe resultante dos diferentes debates e propostas que foron xurdindo ao longo deste proceso ven a mostrar o éxito acadado a raíz do proceso Construíndo futuro posto en marcha polo BNG, xa que a mesmas teñen propiciado a participación e compromiso de numerosas veciñas e veciños de Vilagarcía con este proxecto posto en marcha polo BNG, tanto a través das súas propostas e aportacións ao programa como a súa incorporación na lista. Unha lista que neste primeiro tramo esta incorpora o 50% de persoas alleas a organización do BNG e tamén un porcentaxe similar de xente xoven que esta interesada e se compromete co proxecto.
O BNG, tal e como fixo ata o de agora, seguira convocando vindeiras asembleas para recoller ideas e propostas programáticas e seguir avanzando na candidatura.
Os once primeiros nomes da candidatura do BNG en Vilagarcía son:
1. María Villaronga Chazo
Monitora Sociocultural e Mestra de Educación Infantil. Actualmente exerce disto último na Escola Infantil A Parda, en Pontevedra.
Afiliada ao BNG dende os 16 anos, foi responsable comarcal da súa organización xuvenil, Galiza Nova, e actualmente ocupa a viceresponsabilidade do BNG do Salnés.
Dende o 2012 é a voceira do Grupo Municipal do BNG en Vilagarcía.
2. Xabier Ríos González
É coordinador e supervisor de proxectos de telecomunicacións, actualmente desempregado.
Ademais da súa labor como sindicalista ten sido membro activo de numerosas asociacións e colectivos cidadáns, como a primeira Comisión pola Defensa de Cortegada, a Comisión Pro Hospital, a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa.
Tamén foi responsable das actividades náuticas do Liceo Casino
Dende 2012 é membro do Grupo Municipal do BNG en Vilagarcía.
3. Lucía César Veloso
veciña de Bamio.
Fixo Maxisterio Músical e actualmente estuda pedagoxía na UNED
É membro de grupos tradicionais coma Malveiras e Deviraçon, e imparte clase no Colectivo Artistico e Deportivo Gato negro e Mulleres Rurais de Carril entre outros.
4. Xosé Lois Leirós Gude:
Veciño da Lomba. Emigrante 28 anos na Suiza.
Na actualidade é Responsábel da Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés e da Coordinadora Galega de Emigrantes Retornados.
5. Hortensia Rodríguez
Licenciada en económicas.
Traballou na Editorial Ir Indo e na Cooperativa O Ribeiro.
Foi secretaria da ANPA A Xunqueira do CEIP A Lomba.
6. Candido Meixide Figueiras
Veciño de Vilaxoán. Responsábel de edición da editorial Edicións do Cumio.
Imparte clases en diferentes grupos tradicionais Profesor.
7. Adrián Alcalde González
Veciño de Carril. Técnico en electrónica de consumo e Monitor Sociocultural, traballou durante anos no Plan Madruga en diferentes centros da comarca. Xogador de futbol en diferentes equipos vilagarciáns e do resto da comarca. Vicepresidente da asociación xuvenil D´Vuena. Responsábel Local de Galiza Nova. Traballador da conserva actualmente desempregado.
8. Rosa Neira Lamas
Profesora de Francés e Galego no IES Bouza Brey.
9. Simón Barreiro Lijó
Veciño de Carril. Técnico superior en Anatomía Patolóxica e Citoloxía. Actualmente estudante de 1º de Medicina. Competiu durante anos en ciclismo.
10. MariCarmen Campaña
Veciña de Cornazo. Actualmente é a Presidenta da Asociación de MM RR de Cornazo e membro do Consello Local da Muller de Vilagarcía de Arousa.
11. Anxo Lúa
Veciño de Vilaxoán. Técnico especialista en electrónica. Na actualidade desempeña funcións de actividade sindical na CIG.