RODAS PIDE Á CONSELLERÍA DO MAR TOMAR MEDIDAS ANTE A SITUACIÓN DA PESCA DA SARDIÑA

RODAS PIDE Á CONSELLERÍA DO MAR TOMAR MEDIDAS ANTE A SITUACIÓN DA PESCA DA SARDIÑA

O deputado pediu medidas contra as baixas capturas e un mellor trato á flota galega por ser a máis numerosa da península

O deputado e portavoz de pesca do BNG, Daniel Rodas formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión ante as baixas capturas de sardiña e criticou que a Consellería do Mar non iniciara xestións para favorecer a flota galega no vindeiro acordo entre o Estado español e Portugal sobre este recurso.

O parlamentario tamén preguntou se a Consellería de Pesca mantivo reunións co Estado para analizar futuras situacións e que medidas adoptou para establecer novos criterios nas axudas das paradas biolóxicas para que poidan ser “cobradas ante do remate do ano”.FOTO DANIEL RODAS1

Rodas lembrou que xa no ano 2013, o BNG alertaba da situación do stock da sardiña e xa daquela, afirmou, solicitaba un plan de xestión semellante ao do ano 1999-2002. Hai dous anos, a conselleira manifestaba que non existían problemas na pesquería da sardiña a pesar das recomendacións, en función de datos biolóxicos, da redución nas capturas.

O Goberno galego, engadiu, delegou no Estado español xunto ao portugués un tope máximo de 19.000 toneladas para o 2015 cun reparto que beneficia “claramente a Portugal”, pero en xullo deste ano o Consello Internacional para a Explotación dos Mares (CIEM), publica uns datos nos que suxire que a máxima cantidade aconsellable debe ser 1.580 toneladas, un “10% menos do límite establecido para este ano.

Tras a resposta do secretario do Mar, Juan Carlos Maneiro, o deputado criticou que na actualidade a lexislación pesqueira non se faga en Galiza e que a Xunta delegue todas as decisións na Secretaría General de Pesca. O ano pasado, explicou o nacionalista, reuniuse o Consello galego de Pesca e a parte sectorial pero despois de catro días “déronlle cos acordos nos fociños”.

Rodas reiterou as súas preguntas ante o inicio dunha nova parada biolóxica e o temor de non contar coas medidas axeitadas antes de que “caduquen as ordes antes de rematar o procedemento” como aconteceu o ano pasado que o sector nin estaba dacordo cos días nin nas condicións porque deixaba fora a maior parte da flota, mesmo “necesitaban un crédito ponte e vostedes nin estaban aí ” para resolvelo.

Rodas tamén criticou que Maneiro Cadillo se escudara “na falta de tempo” para convocar a reunión sectorial do cerco, “ agora estoulle dando ese tempo, dixo, para que faga algo” e para evitar dentro dun mes os erros pasados.