O PP TUMBA UNHA PROPOSTA DO BNG PARA QUE GALIZA EXERZA AS SÚAS COMPETENCIAS EN AUGAS INTERIORES

O PP TUMBA UNHA PROPOSTA DO BNG PARA QUE GALIZA EXERZA AS SÚAS COMPETENCIAS EN AUGAS INTERIORES

O deputado do BNG, Daniel Rodas cualificou de “exercicio de hipocrisía” a falta de apoio do grupo maioritario á iniciativa nacionalista para reclamar á Xunta exercer as súas competencias en augas interiores

 

O deputado do BNG, Daniel Rodas defendeu hoxe na comisión de Pesca unha proposición non de lei destinada a que a Xunta exerza as súas competencias propias de Galiza en augas interiores.

A actual orde do Goberno central que prohibía a pesca da sardiña ten por obxecto, á xuízo do deputado, regular a pesquería do caladoiro Cantábrico-Noroeste en augas exteriores, polo tanto, remarcou “non é de aplicación para as embarcacións que faenan en augas interiores”.

Neste sentido, asegurou que as embarcacións galegas dedicadas á pesca dFOTO DANIEL RODAS1a sardiña como o xeito, racú ou betas, poderían pescar con total normalidade se o Goberno galego exercera as súas competencias nesta materia.

Na intervención, Rodas reiterou que a actual Orde que modificou a orde de xullo do ano pasado para regular a pesca “non afecta legalmente” á pesca da sardiña en augas interiores. O parlamentario explicou que o xeito é “un modelo artesanal e sostible” e que permite a moitas familias vivir desta actividade en período de crise.

Para o deputado, a medida adoptada polo Goberno central e asumida polo Goberno galego foi “desproporcionada” polo que reiterou a necesidade de que Galiza ”exerza as súas competencias”.

Tras a intervención do portavoz popular, José Manuel Balseiro que acusou ao BNG de “irresponsabilidade e non escoitar nin atender así de engano masivo e farsa xurídica”, o nacionalista acusouno de non esgrimir “ningún argumento, nin informe xurídico” para contradicir as razóns defendidas polo BNG en defensa deste sector. Vostedes, dixo, “non asumen as súas competencias, impiden que a flota artesanal faene en augas interiores e deixan tiradas a 427 embarcacións do xeito, 19 racús e múltiples embarcacións de enmaie. Vostedes non gobernan para defender que os nosos mariñeiros pesquen, vostedes só están preocupados polo poder e cumprir as directrices do Estado aínda que estas prexudiquen os nosos intereses”.