FOLE CONTINÚA DESMANTELANDO O PATRIMONIO URBANISTICO DA CIDADE.

FOLE CONTINÚA DESMANTELANDO O PATRIMONIO URBANISTICO DA CIDADE.

Bancos de pedra do paseo Avda. da MariñaO BNG esíxelle ao PP que deixe de desmantelar elementos que forman parte do noso patrimonio como son os bancos de pedra e a medianeira de setos, estarían secos?, para substituílos por espazos cheos de formigón que contribúen a deshumanizar a nosa cidade, bancos que ían ser engadidos como bens catalogados no Catálogo de elementos a protexer no novo PXOM, continuando coa costume de incumprir as súas propias propostas.

A reforma realizada na contorna do Auditorio Municipal e da Casa do Mar por parte do PP de Vilagarcía, é unha mostra máis da política de desmantelamento do noso patrimonio levada a cabo polo rexedor actual.

As ansias electoralistas de Tomás Fole, o cal ao longo do seu mandato acumulou un peto millonario para cubrir a súa campaña electoral con fondos públicos no remate da lexislatura, están a agudizar e acelerar o proceso  IMAG0007de deshumanización da cidade de Vilagarcía de Arousa implantándose así o modelo urbanístico do PP.

Dende o Bloque Nacionalista Galego consideramos o modelo imposto polo PP coma un modelo caduco que sacrifica o benestar do cidadáns a favor dos especuladores, e que neste senso prioriza a política do cemento fronte a política de saúde medioambiental.

Unha política da motoserra e do cemento que está a levar á desaparición de espazos públicos e de lecer de referencia para esta cidade e os seus cidadáns. Un modelo urbanístico, contrario ao que dende o BNG propoñemos e consideramos que precisan as veciñas e veciños de Vilagarcía de Arousa.

O BNG levará a cabo un seguimento sobre a localización e o estado actual destes bancos e, nese senso, preguntaremos ao goberno sobre a súa localización, así como tamén esixiremos a súa restitución ao mobiliario urbano e público destes elementos, así como a adecuación da beirarrúa ao seu entorno.