Davila pide explicacións a Ana Pastor polo “inconcebíbel” atasco na AP-9 na zona do Salnés

Davila pide explicacións a Ana Pastor polo “inconcebíbel” atasco na AP-9 na zona do Salnés

congresoBNG142A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou hoxe unha iniciativa parlamentar na Cámara debido ao enorme atasco rexistrado na AP-9 este sábado pasado na peaxe de saída cara a autovía de O Salnés, en dirección a lugares tan turísticos como Sanxenxo e O Grove.

A deputada do BNG formula unha batería de preguntas á Ministra de Fomento debido “ao novo episodio de atascos quilométricos ante as cabinas de cobro de peaxes. Esta vez miles de conductores víronse atrapados nunha grande cola na peaxe de saída cara a autovía de O Salnés. Os usuarios tiveron que agardar máis dunha hora até acadar a cabina de pago, nunha zona onde por certo hai moi poucas cabinas”.

Davila critica a actitude da concesionaria AUDASA que seguiu o mesmo guión das últimas veces: manter aos conductores e conductoras á espera no interior dos seus coches até satisfacer o costosísimo importe dun servizo que está moi por debaixo do requerido. “O único xesto de AUDASA consistiu en reforzar cunha persoa o cobro da peaxe, iniciativa que non aliviou a situación”.

A deputada do BNG censura á concesionaria porque se limita a asegurar que cada usuario pague o importe da peaxe, “nada máis. Non se plantexa se está a ofrecer un servizo pésimo a un prezo abusivo. E desde logo, non procedeu a levantar as barreiras que tería sido a opción a adoptar por incumprir as condicións”. Considera a deputada do BNG que “é totalmente censurábel manter a miles de conductores atrapados sen poder saír e a altas temperaturas con tal de facer caixa”.

Olaia Fernández Davila lembra que no pliego de condicións de explotación doutras autoestradas do estado, figura a obriga de que a empresa concesionaria levante as barreiras das cabinas de pago en caso de atascos superiores a dous quilómetros de lonxitude. “Algo que debería facer AUDASA tamén posto que as retencións son quilométricas”.

Fomento debería sancionar á concesionaria

Asemade, a parlamentar nacionalista censura a actitude da Xunta e do Ministerio porque “Fomento limítase a “peder” ou “exixir” ou anunciar que “exixirᔠá concesionaria que non se repitan estas situacións, pero en ningún momento sanciona á empresa por un mal servizo. E critica á Xunta, que leva quince días anunciando que “se vai queixar” ou que envía “escritos de protesta”, pero nada máis.

Considera a deputada nacionalista que AUDASA “nunca cambiará de posición mentras os Gobernos implicados, Xunta e Ministerio, se limiten a demandas sen maior proxección. O Ministerio ten potestade para sancionar á concesionaria e cecáis ese sería o mecanismo que obrigase á empresa a reaccionar.

Davila dirixe a Fomento unha serie de preguntas: “Que avaliación fai Fomento do novo episodio de atasco na AP-9 perante as cabinas de pago, nesta ocasión na saída cara O Salnés? Coida que os sufridos conductores poden continuar nesta situación todo o verán? Non debería o Ministerio defender, protexer e amparar os dereitos dos usuarios da AP-9? Que medidas vai adoptar o Ministerio para rematar con esta situación repetitiva?”.