O BNG de Ribadumia propón impulsar un novo sistema de recollida de lixo

O BNG de Ribadumia propón impulsar un novo sistema de recollida de lixo

Os nacionalistas destacan que este novo sistema suporía un método que crearía emprego ademais de que incide na redución, reutilización e reciclaxe do lixo.

O BNG de Ribadumia presentará no pleno, unha moción que propón un modelo de superación do actual tratamento que se dá ao lixo polos concellos acollidos a SOGAMA. Nesta moción reclamase o apoio á tramitación de lei para a aplicar os principios de redución, reutilización e reciclaxe nos residuos de Galiza. Para isto, o BNG propón que o concello solicite que a Xunta destine os fondos previstos para novas incineradoras ao financiamento de proxectos comarcais de reciclaxe e compostaxe, que permitan a creación de emprego nas diferentes localidades e alcanzar os obxectivos de recollida selectiva e reciclaxe das sociedades avanzadas.

Ademais, o BNG pretende que se tome o acordo de solicitar á Xunta de Galiza o financiamento prioritario para as actuacións de mellora da recollida selectiva, incluíndo alí onde sexa axeitada a recollida porta a porta, e das actuacións de prevención a través da educación ambiental e a implantación da compostaxe doméstica e comunitaria. Tamén propoñemos que parte do orzamento municipal para implantar programas de educación ambiental para a redución de residuos e xestionar os residuos orgánicos mediante a compostaxe caseira e comunitaria.

O BNG tamén presenta outra moción na que solicita a derrogación do sistema de taxas xudiciais que aprobou o Ministerio de Xustiza e preguntará neste pleno pola relación laboral da concelleria do PP grovense Laura Besada co concello de Ribadumia.

O BNG de Ribadumia propón impulsar un novo sistema de recollida de lixo