O BNG REXEITA A ADHESIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO Á CENTRAL DE CONTRATACIÓN DA FEMP

O BNG REXEITA A ADHESIÓN DO CONCELLO DE MEAÑO Á CENTRAL DE CONTRATACIÓN DA FEMP

O PP de Meaño quere dar negocio ás grandes empresas foráneas en vez de establecer contratacións co sector empresarial e comercial do noso concello e da comarca do Salnés.

No Pleno Ordinario celebrado o pasado luns día 13 o goberno municipal do Partido Popular introducíu na orde do día a adhesión do noso concello á “Central de Contratación da FEMP” defendendo a súa aprobación co argumento de que adherirse a esa central de contratación era positivo para o concello de Meaño porque permitía efectuar contratos de suministros e servizos a un prezo máis barato de como sMeaño-Foto tamañoe fai na actualidade.

O concelleiro do BNG opúxose a esta adhesión ao considerar que supón un apoio ás grandes empresas e a un sector comercial que nada teñen que ver co noso concello, pois as empresas que teñen posibilidade de ofertar eses servizos ao por maior son empresas que non está situadas no noso concello nin na nosa comarca, por tanto o emprego que crean non o crean en Meaño e tampouco pagan os seus impostos no noso concello. Ademais son empresas que compiten co pequeno sector comercial e empresarial que dadas as dimensións de Meaño é o que pode suministrar ao noso concello de material e realizar as obras que contrata Meaño.

Rodrigo Pazos con ese voto en contra denunciou unha vez máis o hipócrita discurso dun Partido Popular que di ser defensor do pequeno comercio, dos profesioniais autónomos e das pymes cando á hora da verdade coa súa práctica política e as súas decisións o que fai é perxudicar ao tecido empresarial máis cercano favorecendo ás grandes empresas foráneas.