O BNG pide retirar o Anteproxecto da Lei de Acuicultura

O BNG pide retirar o Anteproxecto da Lei de Acuicultura

O deputado Daniel Rodas afirmou que non vale só con paralizala e  o compromiso do PP para  buscar o consenso porque  o sector e mesmo algúns alcaldes populares xa amosaron o seu rexeitamento a un modelo que   atenta contra a actividade  de moitos traballadores/as  do mar

Tras saudar aos representantes do sector do marisqueo, patroas maiores e  mexilloeiros convidados ao debate, o parlamentario do BNG, Daniel Rodas pediu ao Partido popular “retirar” o  anteproxecto da lei da acuicultura.  

O  deputado explicou que a proposición non de lei do BNG recolleu as demandas do sector e mesmo dos alcaldes de Vilanova, Riberia, Marín e portavoces municipais que apoiaron unha iniciativa semellante á que hoxe é debatida no Parlamento galego para retirar o anteproxecto da Lei de Acuicultura.

A retirada do texto, dixo, é un clamor unánime contra a política da Xunta e no mar FOTO DANIEL RODAS1non queremos que pase o que está sucedendo co leite, co pequeno comercio e que vostedes segan favorecendo a unha minoría mentres “arruínan o noso modelo de vida”.

Pola súa parte, o portavoz do Partido popular, José Manuel Balseiro afirmou que o anteproxecto “está paralizado” e acusou a oposición de desinformar ao sector. Se hai un consenso co sector, “a lei saíra adiante”, afirmou.

O parlamentario do BNG replicou a Balseiro de perder unha oportunidade para  convencer aos representantes do sector presentes no debate e cuestionou o seu “compromiso de consenso”.  Non hai máis que ver, explicou,  a política de despezamento con máis de 700 solicitudes, máis de de cen barcos despezados, fraude na etiquetaxe no mexillón e o seu compromiso coas instalacións en Touriñán e  Corrubedo ou cos dereitos de pesca que levou ao cerco a acampar nas inmediacións de San Caetano.

O parlamentario pediu “sensatez” ao Partido popular e escoitar ao sector que reclama seguir producindo,  “como o levamos facendo toda a vida” e apostando por un modelo que reparta a riqueza  horizontalmente algo, engadiu que ademais de ser demando polo sector do mar tamén é demandado polos propios alcaldes do Partido popular polo que recomendou ao portavoz parlamentario do PP “consensuar cos seus compañeiros de filas” e non facer un brinde ao sol. Nin vostede, nin a conselleira do Mar, nin o director xeral, “son interlocutores válidos”, e neste proceso non representaron ao sector.

A iniciativa nacionalista foi apoiada polo resto da oposición e rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.