O BNG INSTA A RIBADUMIA A QUE APROVEITE O FOMENTO DE NOVOS MODELOS URBANOS IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN

O BNG INSTA A RIBADUMIA A QUE APROVEITE O FOMENTO DE NOVOS MODELOS URBANOS IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN

O BNG INSTA AO CONCELLO DE RIBADUMIA A QUE APROVEITE O FOMENTO DE NOVOS MODELOS URBANOS IMPULSADO POLA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Vanessa Fariña alerta dos graves problemas de tráfico nos arredores do colexio

A portavoz nacionalista insta ao concello a aproveitar o impulso a novos modelos urbanos que se está a realizar desde a Deputación de Pontevedra. O organismo provincial ten anunciado, por voz do seu vicepresidente, o nacionalista César Mosquera, a súa intención de estender o modelo de mobilidade da cidade de Pontevedra a toda a provincia, unha ocasión que o Concello de Ribadumia non debe desaproveitar, en especial tendo en conta os fortes problemas de mobilidade do núcleo de Barrantes.

Así, a portavoz do BNG Vanessa Fariña insta ao Concello a que colabore coa Deputación de Pontevedra e elabore un plan integral de circulación para o núcleo de Barrantes e accesos ao colexio, no cal participen a comunidade educativa e demais axentes sociais. Dende o BNG cremos urxente tomar medidas ante o colapso de tráfico nos arredores do colexio de Barrantes. Non só é difícil o acceso ao colexio senón que mesmo podemos dicir que nun entorno de tantísima densidade de vehículos, cun número tan importante de nenos, existe unha situación de máximo risco, acrecentado se cabe nos días de choiva.

A aglomeración de vehículos, o transporte escolar, comercial, etc., fan que nun momento horario moi puntual sexan intransitábeis os accesos ao colexio. Ademais, cabe destacar que todos os accesos, en moitos casos, transitan por rúas de edificios, con aparcamentos a ambos lados, polo que se saturan tamén.

 

Ademais, podemos observar que un número importantísimo dos usuarios do colexio viven no propio entorno, é dicir, nos edificios achegados, en pleno núcleo, polo que dende o BNG cremos que sería interesante ter en conta medidas que se teñen tomado para tentar aliviar esta situación noutros concellos, como son as rutas seguras, e en colaboración cos pais e nais, vixiantes nos cruces, desvíos puntuais de tráfico, etc.

 

Por outra parte, cabe recordar que o núcleo do Ribadumia non está adaptado a persoas con escasa mobilidade e nos pasos de peóns etc. non dispón de rampas para o acceso de cadeiras de rodas, carriños, etc, unha cuestión que tamén se debe solucionar de inmediato.