O BNG insta ao Goberno Galego a iniciar de inmediato as obras de mellora precisas no Magariños

O BNG insta ao Goberno Galego a iniciar de inmediato as obras de mellora precisas no Magariños

A deputada Montse Prado presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar relativa á situación provocada polo retraso na realización das obras de mellora no CEIP Antonio Magariños de Cambados prometidas polos responsábeis da Consellería de Cultura, Ensino e Ordenación Universitaria desde agosto de 2012.montse prado

Naquel momento, a Consellería informaba da existencia dunha partida para o arranxo das instalacións deportivas, principalmente, para a mellora da pista deportiva cuberta. Esta información foi refrendada polo Conselleiro nunha visita ao centro educativo.

En febreiro de 2013, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na contestación a unha pregunta realizada polo BNG, sobre a non conclusión das obras e as datas previstas para a súa realización, non foi quen de facer ningunha concreción, nin por suposto dar unha data, limitándose a dicir que “as obras de mellora darán comezo en función da dispoñibilidade orzamentaria”.

En novembro de 2013 volveron facerlle promesas á comunidade educativa do colexio Magariños nunha reunión, na que estaban presentes o Xefe Territorial e o propio Delegado da Xunta en Pontevedra José Manuel Cores Tourís, que cualificou de prioritarias as actuacións que había que realizar, comprometéndose a facer unha valoración económica e técnica das intervencións precisas, e feita a mesma a manter unha reunión.

Para a nacionalista a realidade é outra xa que sete meses despois desta reunión e case dous anos despois das promesas realizadas, están sen completarse as obras prometidas, a pesar da catalogación destas obras como prioritarias e de que “teoricamente” hai varios anos que tiña orzamento, obras que seguen sendo urxentes, porque cando chove non é posíbel realizar actividades de educación física polo perigo que supón, para a integridade física do alumnado.

Para desagrado do BNG e da comunidade educativa do CEIP Magariños, estes días aparecía unha información nos medios de comunicación na que se dicía que o proxecto non está rematado e polo tanto moi pouco probábel que as obras se poidan realizar antes de rematado o verán.

Este desagrado convértese en estupor coas declaracións feitas polo alcalde do concello de Cambados, Luis Aragunde, que ven de asegurar con rotundidade o comezo “inminente das obras” desmintindo a información dos responsábeis da Xunta en Pontevedra que admiten que o proxecto no está rematado.

Montse Prado pón de manifesto que resulta escandaloso o engano sistemático do PP á comunidade educativa do CEIP Magariños, tanto desde o Concello coma desde a Xunta, e lamenta que estean instalados na política de propaganda e non na de cumprir os compromisos, especialmente lamenta esta actitude porque estamos a falar da calidade educativa d@s nen@s e da súa seguridade.

Montse Prado reclama á Consellaría que diga en que data se van iniciar as obras de mellora prometidas polo Conselleiro, polo Delegado da Xunta na provincia de Pontevedra e polo Alcalde do Concello de Cambados no ano 2012 e si informou @s responsábeis do centro educativo a respecto da previsión de inicio das obras.