O BNG do Salnés solicita nos Concellos que se opoñan ao proxecto do aeródromo de Godos.

O BNG do Salnés solicita nos Concellos que se opoñan ao proxecto do aeródromo de Godos.

O BNG do Salnés  presentará hoxe nos concellos polos que pase o río Umia escritos nos que se solicita que se informen negativamente ao  proxecto  do aeródromo de Godos no concello de Caldas.

Ademais o BNG esixe que se posicionen en contra deste proxecto, que o fagan público e que manteñan esta negativa en toda aquela documentación que se lles requira.

Ademais o BNG tamén incide na necesidade de que no caso de couber sexan os propios concellos que aleguen contra o aeródromo.

Desde o BNG consideramos que a instalación e consolidación deste proxecto no marxe do río Umia é prexudicial tanto para a saúde humana como para o medio ambiental.

Cabe destacar que a ubicación non é a adecuada por ser unha zona anegábel e polo tanto con enormes riscos.

O BNG do Salnés solicita nos Concellos que se opoñan ao proxecto do aeródromo de Godos.