O BNG DENUNCIA A RENUNCIA DEFINITIVA DE FEXDEGA POR PARTE DO PP

O BNG DENUNCIA A RENUNCIA DEFINITIVA DE FEXDEGA POR PARTE DO PP

O BNG DENUNCIA A RENUNCIA DEFINITIVA, DUNHA POLITICA DE PROMOCION INDUSTRIAL, COMERCIAL, TURÍSTICO E DEPORTIVA, DE FEXDEGA POR PARTE DO PP

Para o BNG o traslado da Concellería de Deportes do Concello ao  recinto de Fexdega, supón unha intención por parte do goberno PP-IVIL de finiquitar calquera posibilidade de utilización deste recinto como instrumento dinamizador da promoción industrial e comercial e da creación de emprego.

O bipartito conservador pasará a historia do Concello de Vilagarcía de Arousa como o liquidador da Feira Fexdega, así coma liquidador do recinto Fexdega coma recinto feiral. O BNG considera que nos atopamos cun goberno do Sr. Fole incapaz de traballar cara a promoción dos nosos sectores produtivos e a creación de emprego; e que pola contra,  a maioría  absoluta que mercou o PP no seu día co representante de IVIL, foi coa única finalidade de traballar  para beneficio dos amigos a costa do público.

O BNG considera que existen outras opcións para o traslado da Fundación de Deportes do Concello de Vilagarcía de Arousa, sen ter que hipotecar Fexdega  e unha delas podería ser para o pavillón da Rúa Castelao, xa que alí se atopa a sede de diferentes equipos deportivos.

A actitude de falta de dialogo do bipartito conservador, amosa un novo episodio, con este traslado, xa que nin foi tratado no Consello Reitor da Fundación de Deportes, tampouco se lle pediu opinión aos membros do Padroado da Fundación Fexdega e aínda hoxe o comite de empresa se reune para tratar o tema, órganos aos que afecta esta decisión, pero o PP xa ten decidido o traslado.

O BNG recorda que o recinto feiral FEXDEGA, non é un pavillón deportivo, debe ser un recinto Feiral de referencia a nivel industrial, comercial, turístico e deportivo e debe servir como motor da nosa industria, como motor dos nosos sectores primarios, para incentivar a economía local.

Un goberno que diante dunha situación de grave crise que estamos padecendo, sobre todo neste municipio, onde a taxa de paro é das máis altas de Galiza, non ten aplicado ningunha política dirixida a fomentar a creación de emprego e pola contra despreocupase e deixa morrer ós nosos sectores produtivos, comerciais e turísticos e volta a darlle unha puñalada de morte, a este sector, coa decisión de dedicar unicamente FEXDEGA ao deporte.

Vilagarcía padece un bipartito conservador que vive e vira as costas a dramática situación económica que estamos a padecer, incapaz de gobernar e solucionar ningún dos moitísimos problemas da cidadanía e si en cambio, resolverlle un negocio as empresas amigas.

O goberno de Fole, ademáis segue a actuar de forma prepotente ninguneando tanto a cidadanía como aos seus representantes e tamén aqueles órganos creados para consultar ou tratar de consensuar calquera medida. O Sr. Fole é incapaz de gobernar escoitando ou tendo en conta calquera opinión e que ten como único referente o da imposición (grazas , a unha maioría absoluta mercada).

O BNG insiste en reclamar deste bipartito conservador que tome dunha vez por todas en serio a situación dramática que están a padecer os veciños e veciñas de Vilagarcía de Arousa e utilice o recinto feiral como instrumento fundamental para a promoción económica industrial, comercial, turístico e deportivo e debe servir como motor da nosa industria, como motor dos nosos sectores primarios, para incentivar a economía local.

O BNG DENUNCIA A RENUNCIA DEFINITIVA DE FEXDEGA POR PARTE DO PP