O BNG CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN NACIONAL EN DEFENSA DA NOSA LINGUA

O BNG CHAMA A PARTICIPAR NA MANIFESTACIÓN NACIONAL EN DEFENSA DA NOSA LINGUA

O 8 de febreiro, a plataforma Queremos Galego, da que fai parte o BNG, ven de convocar unha manifestación nacional baixo o lema: “Polas fillas dos nosos fillos ”.

O BNG do Salnés fai un chamamento aos colectivos e asociacións da nosa comarca, e en xeral a todos os veciños e veciñas que defendemos o dereito a podermos vivir no noso idioma a participar na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego.

Desde a chegadqueremos galego con telef1a do PP ao goberno o ataque á nosa lingua, por parte da Xunta de Galiza foi constante, aplicando políticas en contra do galego como a aprobación do Decreto Lingüístico no ensino, o desmantelamento das Galescolas ou a negación de axudas ás iniciativas en defensa da nosa cultura e aos medios de comunicación en galego.

Desde o BNG consideramos que temos que respostar masivamente ás agresións que o noso idioma está a sufrir. Este día temos que reivindicar que existe unha lingua e cultura que nos une a todos os galegos e galegas, o dereito a podermos vivir no noso idioma e de esixir unha política de normalización lingüística.

Por todo isto, o BNG do Salnés fai un chamamento a participar na manifestación nacional o vindeiro domingo 8 de febreiro, ás 12´00 h., desde a Alameda de Compostela e anotarse, nos autobuses con saída de Cambados e Vilagarcía de Arousa, antes do mércores día 4, no local comarcal do BNG 986 56 50 59 ou enviando un correo a salnes@bng.gal ou no local da Cig en Vilagarcía 986 50 53 23. O prezo da reserva é de 5€ por persoa.