O BNG de Catoira solicítalle ao concello manter en condicións os edificios municipais.

O BNG de Catoira solicítalle ao concello manter en condicións os edificios municipais.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Castaño, critica ao Sr. García pola súa obsesión de inaugurar o Edificio Multiusos en vésperas das vindeiras eleccións municipais, e que comenzara a súa  construción en plena explosión da crise, coincidindo co inicio da campaña electoral das municipais do 2007, namentras outros edificios municipais se atopan nun estado de deterioro e abandono por parte do concello.

O nacionalista sinala o desleixo que o alcalde e o seu grupo de goberno ten hacia outros edificios municipais, que se atopan nun estado lamentábel, como é o caso do Centro de InterpretaciónDSC_0114, en pleno contorno das Torres Vikingas, un dos principais atractivos do noso concello, e que a día de hoxe aínda está sen inaugurar.

O BNG de Catoira pídelle ao alcalde que lle adique un “pouquiño” de atención ao mantemento das obras e dos edificios, “non se trata só de construír por construír para acadar réditos electorais, se non de manter en condicións os edificios municipias para o uso ou disfute dos veciños e veciñas de Catoira e das persoas que se achegan ao noso pobo” sinala o portavoz municipal .

O nacionalista demándalle ao alcalde que denuncie a situación na que se atopa o Centro de Interpretación e lle esixa á empresa o arranxe dos desperfectos do edificio que foi construido con cartos públicos.