Conclúe a mellora da contorna do cruceiro de Fuensanta Rodríguez e a rehabilitación do lavadoiro de Freixeiro, dúas actuacións iniciadas por Maxi González.

foto maxi1

Unha subvención de 11.000 euros xestionada coa Deputación permite a posta en valor destes dous elementos patrimoniais

 

Conclúe a mellora da contorna do cruceiro de Fuensanta Rodríguez e a rehabilitación do lavadoiro de Freixeiro, dúas actuacións iniciadas por Maxi González.

A recuperación e posta en valor do patrimonio municipal foi un dos obxectivos do concelleiro nacionalista Maxi González, durante o período no que asumiu as competencias nesta materia dentro do Goberno municipal de Sanxenxo.

Por iso, Maxi González aproveitou a oportunidade cando a Deputación de Pontevedra abriu unha liña de subvencións para actuar nesta liña de mellora do Patrimonio local e logrou unha axuda de 11.000 euros, destinados a dúas actuacións: o arranxo e acondicionamento da contorna do cruceiro de Fuensanta Rodríguez, no centro de Sanxenxo e a rehabilitación do lavadoiro de Freixeiro.

Dúas actuacións que quedaron en marcha no momento do cambio de Goberno e que están a ser executadas nestes días, para que ambas contornas poidan lucir este verán dous elementos patrimoniais destacados e que Sanxenxo debe coidar nun intento de diversificar os seus atractivos turísticos.

“Trátase de dous traballos moi demandados polos vecinos destas zonas e síntome satisfeito de ter logrado a financiación para poder actuar neles a través da financiación da Deputación Provincial. Sanxenxo está obrigado a prestar unha atención especial a súa riqueza patrimonial e a actuar sobre aqueles elementos que se manteñen en pe como testemuñas dunha cultura e dunhas tradicións que sen dúbida forman parte do atractivo do noso municipio, e dende logo poñen en valor ás nosas parroquias”, explica Maxi González.

Conclúe a mellora da contorna do cruceiro de Fuensanta Rodríguez e a rehabilitación do lavadoiro de Freixeiro, dúas actuacións iniciadas por Maxi González.