O BNG de Ribadumia fai balance dos dous anos de goberno municipal en Ribadumia.
A asemblea local do BNG de Ribadumia, acordou emitir un comunicado de valoración dos dous anos de mandato municipal.
Neste sentido o grupo local analizou os feitos máis salientables do actual mandato e chegou á conclusión de que non hai nin un feito no que se parar e destacar a respecto do que sería a xestión do anterior grupo do PP. O colexio, o centro médico, as obras viarias, os accesos, os problemas de tráfico, a humanizacións dos lugares públicos, … ningún feito que salentar.
É por isto que este grupo lamenta a ocasión perdida de amosar unha alternativa real ao PP no noso concello, unha alternativa que se diferencie por desenvolver novas políticas. Estas deberan centrarse naquilo que se dicía considerar principal: ensino, igualdade de oportunidades, atender as demandas de novos subministros, mellora da atención sanitaria no concello, dinamización social e económica… Este mandato afonda no desánimo de moitos e moitas veciñas que esperaban ver un cambio real no concello.
Pola contra, un reparto de conveniencia, un encarecemento do goberno que non se xustifica por un mellor servizo ao interese común é o que caracteriza este goberno municipal.
O BNG de Ribadumia se marca como obxectivo comezar a denunciar este “goberno da resignación” para canalizar esas esperanzas das persoas que acreditan nas potencialidades propias do noso concello e dos galegos en conxunto.