Imprimir

O BNG de Meis presenta queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións no acceso á documentación

bngosalnes | 04 de Abril de 2018

O BNG de Meis presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións continuas que  o goberno do Partido Popular pon ás peticións de información e acceso a documentación por parte da Concelleira do Grupo Municipal do BNG Pilar Xiráldez.

Nos últimos meses a Concelleira do BNG solicitou información acerca dos danos causados polos incendios no Concello así como información sobre a petición de axudas para paliar as perdas causadas por estes incendios, tamén foi ignorada a petición de diferente documentación e información sobre a Casa do Escudeiro de titularidade municipal.

Estas restricións de acceso á información supoñen unhas prácticas antidemocráticas que dificultan a función dos membros da corporación local de realizar as actividades de fiscalización e control, sendo a labor de fiscalización esencial para o funcionamento democrático da corporación.

Este dereito é un dereito recoñecido no artigo 23.2 da Constitución que ten carácter de fundamental e que está desenvolvido na Lei de Bases do réxime Local así como ROF e que permiten a participación política e o exercicio das función públicas inherentes ao cargo público, que se están a vulnerar por parte do Partido Popular que adopta unha actitude de desprezo e obstrucionista dos dereitos d@s concelleir@s.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/meis/bng-meis-presenta-queixa-valedora-do-pobo-polas-restricions-acceso-documentacion/20180404105407001436.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal