O BNG DE VILAGARCÍA CONTINÚA O SEU TRABALLO A PÉ DE RÚA CUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA

O BNG DE VILAGARCÍA CONTINÚA O SEU TRABALLO A PÉ DE RÚA CUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA

O BNG DE VILAGARCÍA CONTINÚA O SEU TRABALLO A PÉ DE RÚA CUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A SITUACIÓN DOS AUTÓNOMOS E A SUBA DA LUZ

Dende o BNG de Vilagarcía, continuamos cunha campaña informativa a pé de rúa sobre as propostas que dende a nosa organización sabemos que aliviarían a situación das e dos vilagarciáns, a pesar das trabas que nos quere poñer Fole e o PP.

O Bloque Nacionalista Galego, continuara cunha campaña informativa que, de xeito activo, contará con presenza na rúa e que trasladará á cidadanía as diferentes propostas que facemos dende o BNG para aliviar a situación na que se atopan moitas persoas no noso concello.

Por unha banda, cumpriremos cun programa de encontros con diferentes colectivos que acompañaremos coa colocación de mesas e reparto de volantinas informativas en diferentes puntos da nosa cidade.

O obxectivo disto non é outro que o de dar a coñecer á realidade sobre a situación das persoas autónomas da nosa cidade ou as posíbeis medidas que se poderían tomar para suministrar servizos enerxéticos a persoas sen recursos. Temas estes que a Fole non lle interesa debater porque non lle interesa que as solucións aos mesmos sexan de dominio público nin que a poboación este informada.

Tan so no noso concello, arredor de 2.000 autonom@s veranse afectadas pola suba de tributos que se lles vai aplicar. Cabe recordar que os datos oficiais que saían a luz estes días, indican unha nova caída de volume de negocio dun 4,9% en Galiza, para o comercio retallista e tradicional, baixada de volume de negocio moito máis elevada que cando xa no seu momento, se viron afectados de xeito directo pola supresión das pagas extras ao persoal funcionario, ao influír esta medida na merma dos seus negocios.

Ademais, a posibilidade de que existise unha tarifa xusta e galega provocaría non só no pequeno comercio senón en toda a poboación vilagarciá en xeral, un aforro de entre un 30% e ata un 40% nalgúns casos, o cal axudaría en gran medida a unha poboación que xa se atopa nun 30% baixo o umbral da pobreza, co índice de desemprego máis elevado da comarca e que non fai máis que ver como esta situación vai en aumento.

Aos recortes, ao copagamento nos servizos públicos ou á restrición no acceso a sanidade, hai que engadir a redución nas prestacións por desemprego, xunto coa futura eliminación de servizos que se prestan nos concellos, por causa da reforma local, ou as reformas que afectarán subsidios por desemprego ou as pensións. Estas medidas agrávanse coa permanente redución dos orzamentos do Estado español e da Xunta, e que, co encarecemento da enerxía, sexa o gas ou a electricidade, o desemprego ou a falta de recursos económicos, provocan cada vez máis vítimas da política de desamparo que desenvolven os gobernos do PP no Estado e na Xunta de Galiza contra a cidadanía en xeral. Cada vez máis persoas quedan sen prestacións ao esgotaren as axudas de protección social, sen emprego, sen fogar ou sen poder afrontar o pagamento de hipotecas, alugueres ou servizos básicos como a luz, o gas... ou simplemente poder alimentarse.

O Concello de Vilagarcía de Arousa, non so debe debater, senón que debe garantir por medio da administración municipal e dos servizos sociais públicos o apoio as persoas que o precisaren, senón que tamén debe impulsar diante do Estado español e da Xunta de Galiza iniciativas para que a prestación de servizos básicos destinados aos grupos máis desfavorecidos e medidas específicas dirixidas a persoas en risco de exclusión social e con necesidades especiais permitan contribuír a garantir o benestar, a saúde e calidade de vida nesta situación dramática que padecen.

Polo tanto, dende o BNG imos a intensificar o contacto directo coas persoas afectadas, que non somos outros que as e os habitantes de Vilagarcía, a pesar das trabas que nos quere poñer Fole e o PP a nosa labor no Concello de Vilagarcía de Arousa.

 

O BNG DE VILAGARCÍA CONTINÚA O SEU TRABALLO A PÉ DE RÚA CUNHA CAMPAÑA INFORMATIVA