O BNG de Meis presenta queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións no acceso á documentación

orga
O BNG de Meis presenta queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións no acceso á documentación

O BNG de Meis presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións continuas que  o goberno do Partido Popular pon ás peticións de información e acceso a documentación por parte da Concelleira do Grupo Municipal do BNG Pilar Xiráldez.

Nos últimos meses a Concelleira do BNG solicitou información acerca dos danos causados polos incendios no Concello así como información sobre a petición de axudas para paliar as perdas causadas por estes incendios, tamén foi ignorada a petición de diferente documentación e información sobre a Casa do Escudeiro de titularidade municipal.

Estas restricións de acceso á información supoñen unhas prácticas antidemocráticas que dificultan a función dos membros da corporación local de realizar as actividades de fiscalización e control, sendo a labor de fiscalización esencial para o funcionamento democrático da corporación.

Este dereito é un dereito recoñecido no artigo 23.2 da Constitución que ten carácter de fundamental e que está desenvolvido na Lei de Bases do réxime Local así como ROF e que permiten a participación política e o exercicio das función públicas inherentes ao cargo público, que se están a vulnerar por parte do Partido Popular que adopta unha actitude de desprezo e obstrucionista dos dereitos d@s concelleir@s.

O BNG de Meis presenta queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións no acceso á documentación