O BNG INFORMA AO GOBERNO DO PP QUE O METROMINUTO NON É UN “CORTAPEGA”

O BNG INFORMA AO GOBERNO DO PP QUE O METROMINUTO NON É UN “CORTAPEGA”

O BNG ve positivo que o bipartito conservador recoñeza o modelo acertado do MetroMinuto, pero advírtelle que este é un apartado que forma parte da filosofía urbanística aplicada polo BNG e incompatible coa política urbanística que ven aplicando o bipartito conservador.

Para o BNG a pretendida aplicación do MetroMinuto anunciada polo goberno do PP-IVIL non é máis que un intento de engano a cidadanía de Vilagarcía de Arousa.

Como se non se pode entender que un goberno que a súa primeira decisión de goberno foi retirar o servizo de aluguer de bicis, Vaibike, impedindo o uso da bici a milleiros de cidadáns, non teña aplicado ningunha normativa de terrazas a día de hoxe impedindo que o cidadáns poidan dispoñer e desfrutar das rúas, non ter avanzado no plan de mobilidade ate o de hoxe, tampouco se ten avanzado na recuperación e humanización de novas  zonas, problemas coa zona azul e residentes, caos urbanístico e falla de protección, enorme degradación dos espazos públicos, ... Pretenda agora aplicar un MetroMinuto sen ter resolto todo este panorama en Vilagarcía, xa que o MetroMinuto sen aparcamentos disuasorios, sen unha aposta clara pola bicicletas, ... por mala sorte non vale para moito, onde quedou o "compromiso de obter 1.000 prazas de nova creación de aparcamento públicos na cidade".

A experiencia amosa que a solución á mobilidade e a seguridade viaria urbana veñen polo camiño de dar a primacía absoluta a mobilidade peonil entre todos os tipos de mobilidade urbana, e non o que fixo o bipartito conservador na Praza de Galiza e na Alameda.

Para o BNG os cidadáns de Vilagarcía non se merecen un goberno tan incapaz e por iso reclámalle o PP que non pretenda enganar a cidadanía cun “cortapega” e si realmente gusta da filosofía urbanística do BNG empece por aplicar e por orden as súas distintas fases ou o que é máis lóxico dimita.

O BNG INFORMA AO GOBERNO DO PP QUE O METROMINUTO NON É UN “CORTAPEGA”