O BNG CONSIDERA ALARMANTE A IMPROVISACIÓN E A INCAPACIDADE DO GOBERNO FOLE

O BNG CONSIDERA ALARMANTE A IMPROVISACIÓN E A INCAPACIDADE DO GOBERNO FOLE

O BNG considera nefasta toda a xestión coa que este goberno do PP de Vilagarcía esta a levar adiante calquera das obras que se están desenrolando no Concello de Vilagarcía de Arousa, tanto no referente a cumprimentos de prazos (retrasos), desenrolo dos programas, medidas de seguridade, calidade dos acabados.. como a improvisación que invade as mesmas.

Para o BNG de Vilagarcía de Arousa non é de recibo nin admisible que un goberno comece a realizar obras sen coñecer o alcance real das mesmas. E neste sentido preguntámonos como é posible este feito e en base a qué alcance se teñen adxudicado as obras? De que xeito se ofertan e adxudican as obras por parte, do PP, na Deputación e o sr. Louzán?

Así o propio Sr. Fole, na inauguración das obras do Parque da Xunqueira, confirma a total improvisación da obra, cando afirma que aínda non sabe se prescindira dalgunha das arbores que forman parte do Parque da Xunqueira. O BNG considera que este parque necesita unha obra en condicións e non un parche.

Tódalas obras que se van a realizar neste medio ano que queda antes das eleccións, confirman a súa improvisación, así no Castro Alobre cando o PP prometeu unha ampliación da area escavada, e na que so houbo o corte de arbores centenarios na súa entrada por Vistaalegre, e agora hai un cuberto de herbas de máis de metro e medio que non permite a súa visita as crianzas cos seus familiares, xa que é probábel perdelos no medio desa cuberta.

Está claro que o PP non sabía cando se presentou, nin aínda agora, a pesar de que esta a rematar esta lexislatura, que cidade quere, nin as necesidades que ten Vilagarcía de Arousa.

Para o BNG unha clara mostra do anterior resulta a paralización e posterior concentración de tódalas obras que se van a realizar neste medio ano que queda antes das eleccións (Castro Alobre, Praza de España, Parque xunqueira...). Tamén o feito que non se teña moi claro o que se pretende facer cas mesmas e a posterior improvisación é indicativo do seu carácter meramente electoralista.

O BNG considera estas inauguracións e presentacións de obras, outro acto de prepotencia por parte do Alcalde de Vilagarcía de Arousa e de falta de respecto ao dialogo que prometeu cando se encontraba na oposición, xa que ningunha delas foi presentada a veciñanza para que puidera opinar e facer modificacións.

Así nos atopamos cunha presentación de peatonalización da Praza de España, coa que gran parte das e dos veciños da mesma, nin teñen coñecemento, nin están dacordo, co visto nos medios de comunicación, coa forma en que se quere facer. Ou un foco no chan na Praza da fonte do Castro que ninguén sabe que ilumina.

Dende o BNG consideramos como moi grave estes feitos e chamamos ao Partido Popular a traballar pola cidadanía, priorizar as necesidades das persoas nesta situación de crise e drama social que se esta a vivir e non impoñer o seus intereses electoralistas por enriba do sufrimento das persoas e familias de Vilagarcía de Arousa.

O BNG considera estas inauguracións e presentacións de obras, deixan en evidencia, ademáis da falla de respecto a cidadanía, a incapacidade do goberno de Fole para levar adiante a máis mínima xestión.

Vilagarcía de Arousa hoxe máis que nunca precisa dun goberno que sexa capaz de sacar adiante proxectos e, tristemente, o PP non esta a cumprir nin de lonxe co que precisamos neste concello.

O BNG CONSIDERA ALARMANTE A IMPROVISACIÓN E A INCAPACIDADE DO GOBERNO FOLE