BARÁ: “O BNG TEN QUE ESTAR EN MADRID PORQUE NESTES MESES GALIZA ESTIVO AUSENTE NO PARLAMENTO

BARÁ: “O BNG TEN QUE ESTAR EN MADRID PORQUE NESTES MESES GALIZA ESTIVO AUSENTE NO PARLAMENTO

O nacionalista presentouse hoxe en Vilagarcía como candidato a cabeza de lista do BNG pola provincia de Pontevedra para as xerais do 26-X

Fixo referencia ás reclamacións da comarca do Salnés sobre o cerco e o mexillón e salientou a defensa do comercio local que promove o BNG fronte ao amparo que a lexislación estatal da ás grandes superficies

“O BNG ten que estar en Madr20160516_113243 (002)1id porque nestes últimos meses Galiza estivo completamente ausente no Parlamento”. Así de claro o deixou o nacionalista Luís Bará, que hoxe presentou en Vilagarcía a súa candidatura para liderar a lista do BNG pola provincia ás eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. Bará defendeu que é preciso que o BNG dea voz ás demandas da xente do país apostando polas potencialidades e recursos da nosa terra. “Galiza ten futuro se nos deixan traballar a prol dos nosos sectores produtivos e temos que ser as forzas 100% galegas as que confiemos e apostemos por ese futuro”, salientou. “Houbo moita xente que botou en falta unha voz propia de Galiza, unha voz forte, firme e contundente como a que representou o BNG nos anos pasados. A xente sentiu esa orfandade nos últimos meses e estamos aquí para traballar por ela”, dixo.

Bará explicou que a día de hoxe está en marcha o proceso de escolla das candidaturas dentro do BNG, que culminará o sábado coa aprobación definitiva das propostas e ratificacións dos consellos comarcais por parte da executiva nacional. Así, insistiu que a súa aposta por liderar a lista da provincia de Pontevedra vén dada pola “grande oportunidade para conseguir representación en Madrid nun momento de emerxencia onde é preciso dar o paso de asumir compromisos e actuar con xenerosidade”. O nacionalista fixo a súa presentación en Vilagarcía acompañado cunha boa representación da militancia do Salnés “ que nos da a forza, a enerxía e que nos apoia neste proceso”.

O nacionalista subliñou que “o BNG ten que estar en Madrid” debido a que “é unha forza histórica que ten moito que dicir aínda”. “Queremos estar en Madrid sendo protagonistas, non actores secundarios e menos sendo figurantes do espectáculo pobre que vimos nos últimos meses na política española e no Parlamento español. Nestes últimos meses nesta lexislatura errada e fracasada moita xente botou en falta unha voz propia de Galiza, unha voz forte, firme e contundente como a que representou o BNG nestes anos pasados, a xente sentiu esa orfandade. Nós presentámonos para representar a esa parte do pobo galego que quere que Galiza estea representada en Madrid. Nós dicimos que se o BNG está, Galiza está… Porque nestes meses estivo completamente ausente”, insistiu Bará.

Neste sentido fixo fincapé en que “depende de nós sacar o país adiante” e lembrou as verbas de Celso Emilio que dicía que ‘non virá de fóra remedio nin esperanza’. “Nin de forzas conservadoras nin das forzas chamadas progresistas van vir as solucións para o país. Temos que coller o país nas nosas propias mans. Temos que ser as forzas propias do país, as forzas galegas 100% as que confiemos no futuro. Dicía Castelao, que para nós é un referente e tamén foi parlamentario en Madrid, que ‘Quen pode salvar a Galiza? ‘ Galiza mesma. Como? Cunha forza política nidiamente galega’. Nós entendemos que neste momento a forza nidiamente galega é o BNG”, subliñou.

En canto ao traballo por facer, Bará destacou que o país debe ter confianza nas potencialidades de Galiza. “Galiza é un país rico cun enorme potencial, con terreos e campos... Estamos nunha comarca de tradición mariñeira que así o ten demostrado con sectores punteiros que teñen moito que dicir no futuro”, engadiu, facendo referencia ás reclamacións relativas ao cerco, ao mexillón, pero tamén ás políticas e lexislación estatais que promoven ás grandes superficies comerciais fronte ao desenvolvemento do comercio local.

Finalmente, Bará salientou que o BNG é consciente da situación de emerxencia social e nacional actual, onde hai moita xente a sufrir as consecuencias dun sistema cruel e corrupto. “Temos que estar ao lado de toda esa xente levando a súa voz 20160516_1145491ao Parlamento”, dixo.

Por último, o candidato por Pontevedra finalizou asegurando que “debemos defender o respecto para o noso país, que entendemos non estivo a ser respectado nos últimos meses no Parlamento español. Imos defender a dignidade e orgullo deste país. Iremos a todas partes para defender esas ideas, valores e sentimentos que imos poñer por diante para que Galiza estea representada en Madrid”.

Arroupando a Luís Bará en Vilagarcía estiveron Xavier Ríos, Lucía César Veloso, concelleiros en Vilagarcía; Xan Castaño, concelleiro en Catoira; Víctor Caamaño e Teresa Prado, tenente de alcalde e concelleira en Cambados; Montse Prado, parlamentaria e membro da executiva nacional; María Cancela, responsable local do BNG en Vilagarcía; Helena Vilar, responsable local de Sanxenxo; Jacobo Mouriño, responsable local de Meis; así como outros membros dos consellos locais e comarcais do BNG na comarca como Ricardo Núñez, Andrés Blanco, Adrián Alcalde, Esther Vázquez, Vanesa Meis, Xaquín Xesteira, Marta Ferreiro, Xavier Rodríguez, Xavier César ou Victoria García Rebollido.

 

BARÁ: “O BNG TEN QUE ESTAR EN MADRID PORQUE NESTES MESES GALIZA ESTIVO AUSENTE NO PARLAMENTO