Imprimir

Unha subvención de 4.430 euros tramitada por Fernández Agraso permitirá a Sanxenxo elaborar o seu IV Plan de Igualdade.

bngosalnes | 26 de Xuño de 2017

A edil nacionalista pretendía que tivese unha incidencia especial en Educación e confía en que o traballo realizado nesta materia teña continuidade.

A concesión dunha subvención tramitada por Sandra Fernández Agraso ante a Deputación de Pontevedra  e que ascende a 4.430 euros, permitirá ao departamento de Igualdade, dirixido durante os últimos dous anos pola edil nacionalista, a elaboración do IV Plan de Igualdade, un material no que a administración deberá plasmar as pautas de actuación nesta materia, sentando bases como a composición paritaria dos tribunais ou a eliminación da linguaxe sexista en calquera material divulgativo institucional. 

A nacionalista pretendía que o IV Plan de Igualdade fose máis ambicioso e con unha incidencia especial en Educación, cunha campaña máis centrada nos alumnos tanto de Educación Primaria como de Secundaria, marcando unhas pautas que favoreceran a prevención dende idades moi tempranas a través de traballar valores como a igualdade.

Fernández Agraso está convencida de que só se pode combater o “sexismo e a violencia machista cunha maior implicación das administracións públicas, e nesta liña traballaba ou Goberno tripartito dende a Concellería de Benestar Social, Educación e Cultura; un traballo que confío en que teña continuidade nesta lexislatura”.

Cabe lembrar a celeridade con que Fernández Agraso denunciou, en varias ocasións, a utilización dunha linguaxe sexista na publicidade de determinadas ofertas de traballo, logrando mesmo que se mobilizarán no mesmo sentido de condena e prohibición outras administracións, provincial e autonómica. “Dende ningún cargo público podemos quedar inmunes cando comprobamos que se utiliza unha linguaxe denigrante para as mulleres. Este é un traballo social non que todos temos que estar implicados. E nestes dous últimos anos deixamos claro que non iamos consentir que se vinculase ou nome de Sanxenxo con ningunha práctica deste tipo”.

Fernández Agraso tiña en axenda repetir o vindeiro curso os talleres organizados para rapaces de 3º da ESO dos IES Sanxenxo, Vilalonga e Abrente poñendo aos cativos en alerta sobre unhas condutas nocivas que axexan tras as novas tecnoloxías e un uso inadecuado das mesmas. En canto aos máis pequenos, a edil nacionalista implicou tamén aos alumnos de Primaria do CEIP Portonovo na elaboración dun vídeo que alcanzou unha gran repercusión sobre a violencia machista vista a través dos ollos dos nenos.

A concelleira do BNG lembra tamén o traballo realizado en materia de conciliación, no que se conseguiu a concesión dunha subvención da Xunta tramitada por primeira vez e de 6.000 euros de cuantía permitiu reforzar as ludotecas a través do CIM, sendo concedida de novo este ano.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://osalnes.bng.gal/articulo/sanxenxo/subvencion-4430-euros-tramitada-fernandez-agraso-permitira-sanxenxo-elaborar-seu-iv-plan-igualdade/20170626104416001376.html


© 2017 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal