Imprimir

Resposta do Consello de Contas ao escrito presentado polo BNG de Catoira

bngosalnes | 11 de Xullo de 2017

“O Concello ten que correxir as irregularidades”

O  

O Consello de Contas advirte ao concello que “as irregularidades denunciadas presentan caracteres de contravir de forma notoria o ordenamento xurídico por ser presuntamente desconformes coa normativa orzamentaria e da contratación pública, así como coa normativa de transparencia”.

Pero a cousa non queda aquí, o consello de contas comina ao concello a “corrixilas sen demora” no eido administrativo.

Segundo o Consello de Contas a fiscalización que solicitaba o BNG non afecta ao ámbito de actuacións previstas no vixente Plan de Traballo comprometido perante o Parlamento de Galicia, por este motivo non inicia, neste intre, a devandita fiscalización. Pero a continuación engade “sen prexuízo da súa toma en consideración na confección dos futuros Plans anuais de traballo da Institución”.

O BNG xa pediu nunha moción en abril de 2016 que se correxiran as irregularidades relativas aos pagamentos pola prestación de servizos e subministración sen as facturas correspondentes, esperamos que coa resposta do Consello de Contas, o concello remate con esta forma inadmisible de proceder.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://osalnes.bng.gal/articulo/catoira/resposta-do-consello-contas-ao-escrito-presentado-polo-bng-catoira/20170711130832001385.html


© 2017 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal