Imprimir

Montse Prado denuncia que non existe xustificación para pechar o Centro de Saúde de Cambados polas tardes

bngosalnes | 29 de Maio de 2018

Advirte dos problemas que pode suscitar este peche horario  nunha zona  de gran afluencia de visitantes no período estival  e celebracións festivas

O Centro de saúde de Cambados está a vivir as consecuencias da  política do Sergas pola non  substitución do persoal, nin  permisos, nin vacacións provocando  a redución de servizos e sobrecarga asistencial. Para a portavoz de sanidade e deputada do BNG, Montse Prado “non existe ningunha razón que xustifique o peche en horario de tarde do centro de Cambados”, circunstancia que está a obrigar ao persoal a asumir o traballo dos “escasos profesionais”  do centro   d@s traballadores e traballadoras que non están por mor da implantación do Sergas do sistema de “intersubstitución”.

A nacionalista explica, na proposición non de lei rexistrada no Parlamento galego, que no verán de 2017, a Xunta  tomou a decisión de dar “un paso máis no deterioro da prestación do servizo ao pechar o centro de saúde en horario de tarde, decisión que este verán de 2018 pretende consolidar”. Esta  decisión, reitera a deputada,  “non ten  ningunha xustificación” e menos aínda ante a demanda sanitaria que aumenta polas  persoas desprazas en período estival e celebración de festas.

 O peche, denuncia a deputada  non se publicita para  evitar queixas das veciñas e veciños. Ademais, asegura Prado, moitas persoas  demandan atención en horario de tarde e ao carecer deste servizo se ven obrigadas  a acudir  ao PAC o que provoca unha  importante  sobrecarga no persoal  que  repercute negativamente  no “peche de axendas, desorganización pola constante necesidade  de redistribuír a demanda asistencial ou  a duplicación de citas. Unha sobrecarga asistencial  que incide  no deterioro da calidade asistencial e colócanos, afirma a nacionalista ante  un  “auténtico despropósito, tanto para @s profesionais como para @s doentes”.

O BNG insta  ao Goberno galego a: a  substituír o  persoal do Centro de Saúde de Cambados, tanto nas licenzas como en vacacións, a realizar  todas as accións precisas para manter a asistencia sanitaria en horario completo “de mañá e de tarde no centro de saúde” e garantir  a presenza de equipos completos de profesionais en todas as quendas do PAC do centro de saúde de Cambados.  

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/cambados/montse-prado-denuncia-non-existe-xustificacion-pechar-centro-saude-cambados-polas-tardes/20180529131459001442.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal