Imprimir

Galiza Nova chama ao estudantado do Salnés a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 febreiro

BNG do Salnés | 23 de febreiro de 2015

IMG_0465Galiza Nova chama ao estudantado do Salnés a participar da Folga estudantil do vindeiro 26 de febreiro “en defensa do ensino público galego.”

No Salnés está convocada unha concentración o xoves 26 ás 12:00 na Praza de Galiza de Vilagarcía de Arousa

A DIRECCIÓN DO INSTITUTO DE CARRIL IMPIDE AS ORGANIZACIÓNS ESTUDANTIS INFORMAR DA FOLGA

Galiza Nova, mocidades do BNG, esta a desenvolver estas semanas no Salnés unha intensa campaña para espallar a Folga do vindeiro 26 de febreiro convocada polo estudantado galego. O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, que explicitou o apoio da mocidade do BNG á folga estudantil, afirmou que “esta non é só una mobilización contra os recortes do PP no ensino galego senón que tamén nos mobilizamos para derrubar a LOMCE e impedir a aplicación do decreto 3+2”, que calificou de "ataque brutal contra o ensino público co que pretenden que a maioría do estudantado quede fora do ensino e pecharlle as portas da universidade". Para Mera, “o PP pretende volver ao modelo educativo franquista, un retroceso de 50 anos co obxectivo de volver a un ensino máis españolizado e só para ricos.”

Desde Galiza Nova fan un chamamento á mocidade do Salnés a apoiar a Folga Estudantil do 26 de febreiro convocada polo estudantado galego e a acudir á concentración do xoves ás 12:00 na Praza de Galiza de Vilagarcía de Arousa porque, en palabras do Secretario Xeral da organización, “ou loitamos agora polo ensino público galego ou perderémolo para sempre, e só as elites poderán estudar."

A DIRECCIÓN DO INSTITUTO DE CARRIL IMPIDE AS ORGANIZACIÓNS ESTUDANTIS INFORMAR DA FOLGA

IMG_0463Galiza Nova denuncia que a dirección do Instituto de Carril está a impedir a realización das asembleas informativas ou encontros con delegad@s que as organizacións estudantis está a realizar en institutos de todas as comarcas de Galiza para informar á mocidade da folga no ensino.

Encontro á porta do instituto a saída este luns!

Neste centro de ensino no que non se permite informar ao estudantado, Galiza Nova repartirá, a partir das 14:30h, ás portas do mesmo instituto para que a obstaculización da dirección non triunfe, e toda moza e todo mozo sexa consciente de que este 26 de febreiro nos xogamos o futuro do ensino público galego.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/campanhas/galiza-nova-chama-ao-estudantado-do-salnes-participar-da-folga-estudantil-do-vindeiro-26-febreiro/20150223181541001155.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal