As emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta priorizan a creación de emprego na comarca do Salnés

As emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta priorizan a creación de emprego na comarca do Salnés

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Prado, presentou en rolda de impresa as emendas parciais aos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2016 referidas á comarca do Salnés.

Na súa intervención a deputada criticou a falta de investimentos para a comarca do Salnés nos Orzamentos da Xunta, investimentos que desde a chegada do PP no 2009 son máis restrictivos cado ano e lamenta que moitas das partidas da Xunta de Galiza non pasan do papel xa que logo non se efectivizan.

Para Prado hai outra forma de facer política “as emendas que presenta o BNG non son irreais, son prioriadades para os veciños e veciñas do Salnés” e lamenta a falta de compromiso do PP coa comarca, relegándoa á insignificancia nos orzamentos para o 2016.

Creación de emprego potenciando os nosos sectores produtivos.

A nacionalista presentou unha serie de emendas centradas dun xeito moi evidente na creación de emprego, tendo en conta que a comarca do Salnés é unha das comarcas con maior taxa de desemprego de Galiza, potenciando os sectores produtivos da comarca como o mar e o agro que son fonte de riqueza e ingresos para miles de familias.

Critica que no orzamento presentado pola Xunta de Galiza non haxa partidas especifícas para a recuperación de bancos marisqueiros ou para o estudo da mortandade do berberecho. É por iso, que desde o BNG se propoñan emendas como o Plan de Recuperación do Marisqueo na Ría de Arousa cunha partida de máis 1.800.000 de euros, medidas de apoio á xente do mar cando se de o cese da actividade por paros bio20151130_172211lóxicos, mal tempo ou melloras para a comercialización da pesca artesanal e marisqueo.

Prado tamén fixo referencia a unha serie de emendas que o BNG presentou como é a prolongación do dique en Porto Meloxo, a instalación de pantaláns no porto do Xufre en A Illa de Arousa ou a recuperación do marisqueo no Saco de Fefiñáns e a instalación de caixóns de drenaxe en Tragove-Cambados.

En canto á horta e o agro o BNG presentou emendas de apoio a iniciativas de transformación e diversificación produtiva no sector agrario, partidas destinadas á creación de emprego no rural e apoio á nosa produción e pide que se destine unha partida para a segunda fase da praza de abastos de Vilagarcía de Arosua.

Servizos públicos

O BNG presentou ademais unha serie de iniciativas en defensa dos servizos públicos que non están incluídos nos orzamentos.

A respecto de sanidade o BNG presentou unha emenda na que se solicita que se inclúa no calendario vacinal a vacina meningococo B diante da preocupación de moitas nais e pais cunha partida de 4.000.000 € polo alto custe das vacinas que a moitas familias lles supón un desenvolso importante.

Montse prado tamén presentou emendas para as melloras dos centros de saúde de Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa e Ogrobe en estado lamentábel, a creación dun parque público e gratuíto no hospital do Salnes e a que se destine unha partida para a dotación de persoal ante a ampliación do hospital do Salnés.

A nacionalista recriminoulle á Xunta de Gailza non destinar nin un só euro para dotar á comarca do Salnés dunha ambulancia de soporte vital avanzado durante todo o ano diante das demandas dos traballadores e dos veciños e veciñas da comarca.

A deputada pideulle ademais ao PP que atenda as demandas das anpas e que destine partidas para a reparación dos centros de ensino como o de Carril, Rubiáns, A Lomba e Arealonga en Vilagarcía, o Rosalía de Castro en Ogroe ou Magariños e Sto. Tomé de Cambados e a creación dun novo centro de ensino en Vilalonga que levan anos reclamando un colexio novo.

Outras emendas

O BNG tamén presentou emendas para a mellora da seguridade viaria en distintas estradas da comarca, emendas de apoio ao pequeno comercio, emenda para a creación do 4º Xulgado en Vilagarcía de Arousa e emendas para a elaboración dun protocolo de emerxencias na Illa de Cortegada e Xiabre.

 

As emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta priorizan a creación de emprego na comarca do Salnés