DESLEIXO E ABANDONO DO ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE MEIS

DESLEIXO E ABANDONO DO ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE MEIS

meis desleixoO Bloque Nacionalista Galego en Meis denuncia o estado de desleixo e abandono no que se atopa o noso Concello. O BNG demanda a limpeza dos espazos de esparexemento públicos para o gozo dos veciños e veciñas e , tamén, para potenciar un concello máis atractivo de cara ao turismo no rural.

As imaxes corresponden ao paseo que decorre ao longo do río que vai dende o campo de fútbol do Mosteiro ata a Ponte Cañón, paseo do que fan uso habitualmente @s veciños e veciñas do noso Concello e que actualmente está practicamente intransitábel, xa o ano anterior as actuacións de limpeza se realizaron case pasando a época estival e parece que este ano van polo mesmo camiño.

DESLEIXO E ABANDONO DO ESPAZOS PÚBLICOS DO CONCELLO DE MEIS