David Otero: “ Só 20.000€ nos orzamentos da Xunta, isto demostra a incompetencia do PP de Sanxenxo"

David Otero: “ Só 20.000€ nos orzamentos da Xunta, isto demostra a incompetencia do PP de Sanxenxo"

Unha vez coñecida a proposta dos orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2.015 vemos que a única partida que o goberno do Partido Popular asigna aos noso concello redúcese a 20.000 € para a construción do tan necesario colexio do Revel en Vilalonga. Unha cantidade simbólica e ridícula que nin sequera daría para cubrir amala conciencia que deberían ter quen gobernan en Sanxenxo, en especial a concelleira de Educación e deputada en Madrid Paz Lago Martínez, quen asumiu o papel principal neste engano prolongado no tempo aos veciños e veciñas de Vilalonga.

Cantidades máis importantes orzamentados nos últimos anos para este proxecto non se executaron, igual que vai suceder con esta proposta miserable de 20.000€.

O colexio de Dorrón do que xa nin se orzamenta, nin se fala, caeu no esquecemento do Partido Popular a pesar de que o deterioro vai en aumento.2011.02.03-foto Sanxenxo reducida

O proxecto da PO-308 de mellora da seguridade vial e acceso de comunicación da zona costeira ata a Lanzada foi prometido, comprometido ( tanto polo concello como pola Xunta), pedida a colaboración dos veciños e iniciado expedientes expropiatorios. Agora mesmo DESAPARECIDO confirmando así outro ENGANO.

Outros proxectos de seguridade viaria en tramos perigosos con resultados mortais e altísima intensidade de tráfico, como son a PO-504 e o desdobramento do tramo da vía rápida ata a Lanzada tamén prometidos e de novo INCUMPRIDOS.

Outros proxectos que tamén desapareceron da axenda do Partido Popular son o club de Piragüismo de Portonovo e mesmamente os pavillóns de Sanxenxo e Vilalonga que forman parte dos complexos educativos do noso concello e están en estado deplorables. Todos eles con partidas de 0 €.

Plans para políticas activas de emprego do noso concello, de desenvolvemento económico...etc. non son prioridades nin para o PP da Xunta nin para o PP de Sanxenxo.

O concello de Sanxenxo leva desaparecendo ano a ano nos orzamentos da Xunta de Galiza, motivado pola actitude compracente do goberno do Partido popular de Sanxenxo no seu afán de non incomodar aos seus dirixentes, e poñendo por diante criterios de partido fronte os intereses dos veciños e veciñas do noso concello.

O portavoz do BNG, David Otero Domínguez , manifestou que “isto desmonta a falaz teoría de que con gobernos “amigos” do PP as cousas van mellor. A actitude do Partido Popular difire totalmente da que entendemos no BNG, como a de defender por riba de todo aos nosos veciños e ser firmes e insistentes nas demandas e investimentos necesarios. Así pódese comprobar como en concellos próximos gobernados polo BNG teñen unhas partidas maiores nos orzamentos da Xunta para o ano 2.015 que o concello de Sanxenxo onde goberna o PP.

Isto demostra que o goberno do PP de Sanxenxo está ACABADO, ESGOTADO. É preciso un cambio político en Sanxenxo se queremos avanzar, sendo firmes ante burlas e abusos como este. Non podemos permitir que Sanxenxo sexa NINGUNEADO por dirixentes incompetentes e desaprensivos. ”

 

 

David Otero: “ Só 20.000€ nos orzamentos da Xunta, isto demostra a incompetencia do PP de Sanxenxo"