Para o BNG as novas condicións de Sogama e a suba do canon supoñen un abuso para os veciños e unha h

Para o BNG as novas condicións de Sogama e a suba do canon supoñen un abuso para os veciños e unha h

O PP négalle aos veciños e veciñas de Ribadumia os sistemas de recollida de lixo alternativos a SOGAMA propostos polo BNG

Para o BNG as novas condicións de Sogama e a suba do canon supoñen un abuso para os veciños e unha hipoteca para o Concello

Ademais o BNG pedirá no seguinte Pleno explicacións polo descontrol que existe cos recibos da ORAL

Nestes momentos, asistimos a unha situación na que resulta evidente que as condicións de adhesión a Sogama son totalmente prexudiciais para o concello de Ribadumia, tanto pola suba do canon como polo obsoleto modelo de xestión dos residuos que supón.

O portavoz municipal do BNG, Xoán Allegue, recorda que en Ribadumia o BNG presentou tanto en 2013 como en 2014 sendas mocións propoñendo alternativas a Sogama, pero nos dous casos atopáronse co non do Partido Popular, sen que o partido que sustenta o goberno municipal propuxese ningunha alternativa. As mocións do BNG pretendían impulsar un novo sistema de recollida do lixo que produciría melloras na calidade de vida dos nosos veciños ademais de ser unha oportunidade de creación de emprego e de minorar o custo do servizo, impulsando medidas baseadas na reciclaxe e na reutilización, como a compostaxe e a recollida porta a porta. Allegue sinala que: “O PP opúxose co único argumento de que SOGAMA non é un sistema incinerador. Isto é absurdo e non hai ninguén que defenda isto xa. Mais o PP de Ribadumia tennos acostumados a tentar xustificar o indefendíbel e agora temos que aternos ás consecuencias”

Cabe ter en conta que o canon de Sogama non para de subir, e de non tomar medidas, os nosos veciños estarán novamente indefensos. Seguir coa adhesión a Sogama supoñerá ao Concello unha hipoteca de 5 anos que condicionará o vindeiro goberno municipal, posto que as actuais condicións de Sogama son un claro abuso. Ante estas condicións, o Concello de Ribadumia non se ten pronunciado, polo que instamos á Alcaldesa a que defina cal é o seu posicionamento sobre esta cuestión.

Neste sentido o portavoz municipal do BNG, Xoán Allegue, sinala que “o BNG leva denunciado durante este mandato municipal a fortísima suba de taxas e impostos municipais, como o IBI, sen que os veciños e veciñas vexamos melloradas os servizos públicos no Concello, saenos ben caros os campos de fútbol.”

Ademais, o BNG pedirá no seguinte Pleno explicacións polo descontrol que existe cos recibos da ORAL. Así, no pasado mes de xaneiro, moitos veciños do concello viron como lle chegaban todos xuntos os recibos correspondentes a tres anos, o que, como é lóxico, está a causar un grande malestar entre a veciñanza.

Para o BNG as novas condicións de Sogama e a suba do canon supoñen un abuso para os veciños e unha h