Imprimir

O BNG de Meis presenta unha moción para o mantemento das rutas de sendeirismo e BTT do Concello

bngosalnes | 20 de Xullo de 2017

Pilar Xiráldez critica o abandono total das rutas de sendeirismo e solicita que se faga un mantemento continuado.

O Concello de Meis ten diferentes rutas para ir a pé ou en bicicleta e que tanto @s veciñ@s como visitantes utilizan nas horas de lecer . Xa hai uns anos que ditas rutas atópanse nun estado de abandono e deterioro considerable.

A ruta que comeza en San Salvador de Meis, vai cara San Martiño e que enlaza coa ruta da Pedra e da auga, ten poucas zonas que sexan transitables e o pouco camiño que hai é pola insistencia d@s camiñantes. Nesta ruta, no final da mesma enlazando xa coa subida á Armenteira, as sinalizacións da ruta BTT está moi mal indicadas, dando lugar a confusións por parte de calquera que non coñeza de antemán a zona.

A ruta que comeza no Mosteiro e vai cara a Ponte Cañón, aínda que se fixo unha actuación fai pouco con motivo da organización da ruta BTT e da andaina da festa dos callos, precisa dun acondicionamento do chan e de podas de ramas que invaden o camiño.

Desde o BNG de Meis solicitamos que se faga un mantemento continuado das rutas de sendeirismo do noso Concello e das rutas BTT, corta da herba, mantemento do chan nunhas condicións transitables e poda e limpeza de ramas que dificulten o transito. Tamén mantemento e renovación das sinalizacións no caso de ser preciso. Pedimos que estas actuacións se encadren dentro dun trato coidadoso coa contorna onde se van realizar, xa que estamos falando de zonas verdes sensíbeis onde hai fauna e flora de especial importancia que se deben coidar e preservar.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/meis/bng-meis-presenta-mocion-mantemento-das-rutas-sendeirismo-btt-do-concello/20170720105633001393.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal