Imprimir

O BNG de Meis leva a pleno a mala xestión da Biblioteca Pública

bngosalnes | 13 de Marzo de 2018

A portavoz municipal, Pilar Xiráldez faise eco das queixas por parte de usuari@s da Biblioteca Pública de Meis.

A biblioteca de Meis ata fai á redor dun ano, tiña unha programación de actividades de fomento de animación á lectura que podía ser a envexa das bibliotecas da contorna. E non só iso, senón unha implicación xeral en calquera actividade cultural que se dese no Concello de Meis.

“Calquera proposta era ben recibida na biblioteca e facíase todo o posible para levala a cabo, pero parece que isto mudou nos últimos tempos”, sinala a portavoz municipal.

Hai queixas tamén do estado dos ordenadores dos que fan uso @s usuari@s da biblioteca, xa que están totalmente obsoletos e urxen dunha renovación. Ademais hai que engadir que o  Concello está cubrindo a praza da bibliotecaria con persoal becario que veñen doutras especialidades e que se ven desbordad@s cando chegan alí e non teñen unha persoa cualificada para darlles instrucións de como desenvolver o seu traballo.

Por todo isto, e diante das denuncias que fan @s usuair@s de deixadez por parte do goberno municipal, o BNG de Meis levará a pleno unha serie de preguntas sobre esta cuestión.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/meis/bng-meis-leva-pleno-mala-xestion-da-biblioteca-publica/20180313103925001430.html


© 2019 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal