O BNG esixe unha solución á problemática dos aparcadoiros no porto de Portonovo coa chegada do verán

O BNG esixe unha solución á problemática dos aparcadoiros no porto de Portonovo coa chegada do verán

O BNG trasladou ao Parlamento Galego a través de Daniel Rodas, portavoz do BNG parlamentar en temas de pesca o día 24 de abril deste ano a demanda de respostas por parte do Presidente de Portos de Galiza J.J. Durán pola problemática da falta de aparcamentos no Porto de Portonovo.2011.02.03-foto Sanxenxo reducida

O obxecto principal de estas preguntas era aclarar a interpretación que se fai do Plan de usos portuarios e a compatibilidade cun servizo de aparcadoiro aberto e gratuíta na explanada do porto. Tamén demandabamos explicación sobre a implicación e o papel que ten na toma de decisións o Patrón Maior da Cofradía de Portonovo, xa que ten asumido a interlocución entre o ente público e a asociación de comerciantes e hostaleiros da vila “ O Can de San Roque”.

No día 12 de xuño deron resposta a través do Director Xeral de Relacións Institucionais, deixan patente primeiro que o señor presidente de Portos non lle interesa este asunto , xa que nin da resposta el ás preguntas nin tampouco participou da reunión mantida en Santiago hai uns días. O señor J.J. Durán desde que está ao fronte de Portos de Galiza non fixo máis que crear problemas no noso concello, despois da xa coñecida aberración dos pantaláns do Porto de Sanxenxo agora mostra unha total indiferencia con Portonovo, deixando claro que é o principal defensor dos intereses privados que representen os Clubs Náuticos mentres prexudica os intereses e pisotea os dereitos dos veciños e veciñas do noso concello.

As respostas Parlamentarias son tan interpretables como falsas, xa que afirma que agora mesmo existen zonas de aparcamento público cousa que é radicalmente falsa e proba diso son as demandas dos distintos colectivos veciñais e empresariais da vila.

Para o BNG non hai ningunha dúbida de que o Plan de Usos é totalmente compatible e explícito con respecto á conveniencia de que convivan no mesmo espazo as distintas necesidades da vila. É necesario que a vila se integre no Porto, e o Porto se integre na Vila, como foi SEMPRE ata que intereses privados e actividades burocráticas romperon este equilibrio.

J.J Durán habilitou en 15 días unha parafernalia con batea acristalada incluída para a volta ciclista no seu concello, Vilanova de Arousa.

Tendo en conta que a tempada de verán comeza nus días esiximos que resolvan de inmediato este gran problema que pode facer que moitos negocios de Portonovo teñan que pechar coas consecuencias na economía das familias e postos de traballo que están en xogo.

A INCOMPETENCIA de Catalina González e o seu equipo de goberno fai que trasladen a Portos un proxecto ilegal, incumplindo normativa vixente e deixando evidente o TOTAL descoñecemento por parte da alcaldesa Catalina González e o Patrón Maior sobre o Plan de Usos do Porto de Portonovo que están a provocar un taponamento para a solución de esta demanda. É inaudito que o seu propio partido lle teña que sacar as cores e deixar en evidencia a INEPTITUDE do grupo de goberno de Sanxenxo, todo isto feito ás espaldas da asociación de comerciante e hostaleiros aos que lle están a faltar o respecto día tras día, mantendoos ao marxe de unha cuestión que para eles e os seus negocios é vital.

Dende o BNG esiximos ás administración responsables que prioricen e axilicen a burocracia de este asunto para SOLUCIONAR ESTE PROBLEMA XA!!!

 

 

O BNG esixe unha solución á problemática dos aparcadoiros no porto de Portonovo coa chegada do verán