Imprimir

Aprobada por unanimidade a moción do BNG de Sanxenxo, polo retraso de ata 3 anos nas valoracións de discapacidade na provincia de Pontevedra

bngosalnes | 31 de Maio de 2018

Agraso denuncia que o tempo que ten que esperar un cidadán para recibir a resolución da súa solicitude é como mínimo de 18 meses.

A OMS (Organización Mundial da Saúde) define a discapacidade como un término xeral que abarca as deficiencias, as limitacións da actividade e as restricións da participación. As deficiencias son problemas que afectan a unha estrutura ou función corporal; as limitacións da actividade son dificultades para executar accións ou tarefas e as restricións da participación son problemas para participar en situacións vitais. Por conseguinte, a discapacidade é un fenómeno complexo que reflexa unha interacción entre as características do organismo humano e as características da sociedade na que vive.

A orde de 25 de novembro do ano 2.015 pola que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes. No artigo 8 establece como prazo máximo para resolver o recoñecemento de grao 3 meses para instrución e resolución de expediente, data a partir da cal se desestima por silencio administrativo segundo o artigo 9, e tendo obriga a Administración de resolver expresamente.

Estas limitacións ou restricións impiden en gran parte das persoas, ou os coidadores principais destas, que solicitan a valoración de grao, o normal desenvolvemento da súa vida laboral ocasionando baixas reiteradas, Incapacidades ou mesmo a expulsión (por despedimento) do mundo laboral. Isto conleva unha diminución importante de ingresos da unidade familiar, que na maioría das ocasións vai acompañada tamén nun aumento de gastos derivados do desprazamento (e gasto de parking) a consultas médicas, probas diagnósticas, tratamentos e/ou rehabilitación, gastos de fármacos algúns deles non subvencionados e outros gastos derivados da enfermidade ou lesión pola que se solicita o recoñecemento do grao. Teñen que pagar un elevado custe: a perdida de saúde e os gastos económicos que ocasiona.

A falta de recoñecemento de grao supón a demora ao accesos de determinados beneficios sociais que poden supoñer unha mellora no económico da unidade familiar e o acceso á formación ou facilidades para acceder a un novo emprego.

A Administración ten a obriga de corrixir estas situacións, para que ningunha persoas se sinta excluída e apartada dunha vida digna, e debe facilitar coa máxima urxencia posible a valoración dos graos de discapacidade, para poder beneficiarse de todas as melloras sociais e laborais, para non correr o risco de exclusión social tanto da persoa afectada como do seu entorno familiar.

Xa en xuño do ano 2.016 a espera para resolución de recoñecemento de discapacidade chegaba a unha agarda de 1 ano e medio, polo que dende os Servizos Sociais do Concello de Sanxenxo, sendo concelleira de Servizos Sociais Sandra Fernández Agraso, remitiuse á Valedora do Pobo o seguinte escrito:

“Como técnicos dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Sanxenxo, manifestamos o seguinte:
Este Concello é un dos que ten o Servizo de Valoración de Discapacidade de Pontevedra como centro de referencia para a tramitación das solicitudes de recoñecemento do grao de discapacidade. Este servizo de valoración atende a toda a zona norte da provincia de Pontevedra, un total de 36 concellos, cunha poboación total duns 375.000 habitantes.
O tempo que ten que esperar un cidadán para recibir a resolución da súa solicitude é como mínimo de 18 meses. Na actualidade cítanse para valoración a persoas que presentaron solicitude no mes de outubro de 2014, lista de garda existente dende fai varios anos.
Tense coñecemento que ningunha outra provincia desta Comunidade Autónoma está a sufrir este inxustificado atraso no trámite e resolución de expedientes de solicitude polo mesmo concepto: o tempo medio de espera pode ser de 6 meses.

Esta circunstancia supón un prexuízo e trato discriminatorio tanto para a poboación da área de influencia do Servizo de Valoración de Pontevedra como para os técnicos dos servizos sociais que exercemos a nosa actividade profesional na zona de influencia do referido servizo, que apreciamos graves desigualdades entre provincias da mesma Comunidade Autónoma.

De feito na Orde do 25 de novembro de 2015 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento, declaración e cualificación do grao de discapacidade, e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, na exposición de motivos faise constar o seguinte:
- “A Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, establece como competencia da Xunta de Galicia a creación, mantemento e xestión dos Servizos Sociais especializados, así como a valoración técnica das situacións que determinen o recoñecemento do dereito aos servizos e prestacións esenciais de carácter material ou económico, determinado como unha das funcións dos servizos sociais especializados a de valorar, diagnosticar e intervir ante situacións que requiran unha alta especialización técnica e, usualmente, interdisciplinar.
- O Real Decreto lexislativo 1/2013, do 29 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a inclusión social, .....
- Neste senso, con obxeto de adaptarse aos últimos cambios normativos e co obxectivo de garantir a máxima axilidade e eficacia nos procedementos de recoñecemento do grao de discapacidade, e coordinación efectiva das unidades dependentes da Xunta de Galicia, especialmente no referente á coordinación necesaria co procedemento para o recoñecemento do grao de dependencia, así como a implementación dos medios técnico actuais de cara a implantación dos escenarios de tramitación electrónica, así como consolidar os dereitos das persoas con discapacidade, faise preciso aprobar unha nova norma”.

Esta normativa non se está a cumprir, nin se están a acadar os obxectivos de axilidade e eficacia dos procedementos no recoñecemento do grao de discapacidade, sendo o Centro de Valoración de Pontevedra, como xa se dixo, un dos que está a sufrir un maior atraso o que supón non só un grave prexuízo para os cidadáns que teñen que ser valorados no mencionado Centro senón tamén un trato desigualitario respecto doutros cidadáns das restantes provincias desta Comunidade Autónoma.
Solicitase, previa comprobación dos feitos expostos, dende a Administración competente se artellen as medidas necesarias encamiñadas a resolver esta situación para que se cumpra a normativa vixente e acadar os obxectivos establecidos na mesma. “

Actualmente, neste ano 2.018, a espera xa non é de 1 ano e medio, e lonxe de mellorar este servizo, estase a comprobar que empeorou de maneira notoria e moi preocupante, pois a realidade é que as persoas que están agradando a que se instrúan e resolvan un expediente de discapacidade teñen unha espera actual de ata 3 anos, sendo na provincia de Pontevedra a situación máis dramática.
Existe unha entrada media de 4.500 expedientes anuais, tendo unha media de resolución de menos a 3.000, polo que cada ano vaise acumulado un mínimo de 1.500 expedientes sen resolver.

Dende hai anos, o persoal do centro de valoración da Discapacidade da provincia de Pontevedra veñen denunciando a falta de persoal cualificado e demandan concretamente a dotación de xeito permanente de dúas equipas completas formadas por facultativ@, psicólog@, traballador/a social e persoal administrativo, así como cubrir baixas e vacantes por xubilación para poder reducir a espera na valoración da discapacidade e así poder devolverlle a dignidade a esas persoas e os seus coidadores e coidadoras.

Por todo o exposto, o BNG de Sanxenxo solicitou no  Pleno da Corporación adoptar os seguintes acordos:

Instar á Xunta de Galicia e á Consellería de Política Social a:
1. Contratación de xeito permanente, creando os postos na RPT de dúas equipas completas formadas por facultativ@, psicólog@, traballador/a social e persoal administrativo no Centro de valoración de discapacidade de Pontevedra.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/sanxenxo/aprobada-unanimidade-mocion-do-bng-sanxenxo-polo-retraso-ata-3-anos-nas-valoracions-discapacidade-provincia-pontevedra/20180531101604001445.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego do Salnés

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal