APOIO DA CIDADANÍA NA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS DO SALNÉS.

APOIO DA CIDADANÍA NA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS DO SALNÉS.

O BNG, xunto coa CIG, concentrárose onte á tarde diante do concello de Cambados para oporse á aprobación do anteproxecto de Lei do Sr. Gallardón que conleva a desaparición dos partidos xudiciais de Cambados e Vilagarcía de Arousa.

Na concentración, na que participaron membros do BNG como a deputada Montse Prado ou portavoces municipais da comarca e20140709_204604 membros da CIG como Rosa Abuín ou Marcos Conde, responsábel comarcal da CIG Pontevedra, foi apoiada por numerosos veciños e veciñas ademais de traballadores e traballadoras de ambos xulgados que corearon consignas en contra desta lei e reclamando o mantemento dos partidos xudiciais.

Antes de rematar a protesta interviu o portavoz municipal do BNG en Cambados, Víctor Caamaño, informando que esta medida sería perxudicial economicamente para Cambados e para os veciños e veciñas polo custo que isto suporía trasladarse a Pontevedra para calquer xestión ou trámite. O voceiro criticou ademais ao Alcalde do PP Luis Aragunde por defender os xulgados cara fóra e logo non fai ningún tipo de presión aos do seu partido.

O representante da CIG Xosé Henrique G. Outeiral denunciou que esta lei, xunto co aumento das taxas xudiciais e a futura privatización dos rexistros civís, afastará aínda máis a xustiza da cidadanía e poñerá en perigo moitos postos de traballo.

Tanto o BNG coma a CIG comunicaron que seguirán informando sobre as consecuencias da desaparición dos xulgados e mobilizándose en defensa dos partidos xudiciais nas comarcas e fixeron un chamamento a participar na concentración convocada para este martes día 15, ás 20.30 h., diante dos xulgados de Vilagarcía de Arousa.

 

APOIO DA CIDADANÍA NA CONCENTRACIÓN EN DEFENSA DOS PARTIDOS XUDICIAIS DO SALNÉS.