O BNG de Vilagarcía ven de presentar no concello unha moción para que se atendan as demandas nos centros de ensino público.

facebook_1497946857980
facebook_1497946857980

Neste senso reclaman do concello que se apoien as reivindicacións que se están a realizar pola comunidade educativa e pola coordinadora das ANPAS de Vilagarcía de Arousa.

O BNG de Vilagarcía ven de presentar no concello unha moción para que se atendan as demandas nos centros de ensino público.

O BNG ven de presentar esta moción de acordo coa coordinadora de ANPAS, co fin de dar a coñecer a problemática e deficiencias que presentan nestes momentos os centros públicos de ensino do noso concello, e conseguir o apoio do Pleno no traslado destas reclamacións á Xunta. Tamén solicitan a intervención neste pleno dun/ha representante da Coordinadora das ANPAS, para expor  o alcance desta problemática.

Para o BNG o ensino público supón a base para unha sociedade máis xusta e avanzada, por este motivo os gobernos deberan procurar os medios necesarios para garantir unha educación universal, gratuíta e de calidade.

Pola contra, a día de hoxe estamos a ver como se vai deteriorando o mesmo; e como contrariamente o que debera ser, dende os distintos gobernos do PP se están a recortar medios do ensino público mentras se aumentan ao privado, propiciando un ensino para ricos en detrimento dos que menos teñen, rompendo así co principio de igualdade que debe prevalecer nunha sociedade democrática, xusta e avanzada.

Neste senso, no concello de Vilagarcía de Arousa, estes recortes ao ensino público están a repercutir nos centros educativos que veñen sufrindo ano tras ano carencias tanto de medios humanos como de infraestruturas.

Tanto as ANPAS, como a coordinadora de ANPAS, como tamén as direccións e comunidades educativas dos propios centros veñen reclamando da Consellería de Educación e Odernación Universitaria a atención ás distintas carencias e problemáticas que se están a padecer nos distintos centro educativos públicos do noso concello. Demandas que se consideran prioritarias para garantir unhas mínimas condicións na calidade do ensino.

Dende o BNG entendemos que é necesario que por parte dos gobernos do PP nas distintas administracións, e sobre todo desde a Xunta de Galiza, se cambien as políticas de recortes que se está a aplicar no ensino público e se garantan os medios necesarios e se tomen as medidas precisas de forma urxente, e de cara ao comezo do próximo curso lectivo.