Prado “Os orzamentos da Xunta non dan solucións aos problemas dos veciños e veciñas da comarca”

20171025_130519

A deputada denuncia que o PP segue castigando á comarca e considera estes orzamentos de burla e ninguneo.

Prado “Os orzamentos da Xunta non dan solucións aos problemas dos veciños e veciñas da comarca”

A parlamentaria do BNG, Montse Prado, fixo unha avaliación dos orzamentos da Xunta de Galicia para o 2018. Prado sinalou que “os orzamentos son a plasmación do proxecto político do goberno que os presenta, e fica claro que estes orzamentos do PP non reflicten os problemas da xente para solucionalos e demostra que o Partido Popular non toma nota das reclamacións da cidadanía”.

Comarca  O Salnés

A respecto do investimentos para a nosa comarca, a deputada do BNG sinalou que un ano máis o Salnés non conta para o PP, “desde a chegada do PP no 2009 son máis restrictivos cado ano e lamenta que moitas das partidas da Xunta de Galiza non pasan do papel xa que logo non se efectivizan”, indicou a nacionalista.

A nacionalista critou a falta de partidas específicas para a creación de emprego, tendo en conta que o Salnés é unha das comarcas con maior taxas de paro de Galiza, e de melloras nos servizos públicos.

Denuncia que no orzamento presentado pola Xunta de Galiza non hai partidas especifícas para o sector do mar, sector estratéxico na comarca polos miles de empregos directos e indirectos que xeran, e si que hai unha aposta clara por parte do PP pola acuicultura, incrementando as partidas a respecto dos anos anteriores. “Hai un investimento en acuicultura para o 2018 de máis 35 millóns de euros fronte aos 2 millóns de euros destinados á recuperación dos bancos marisqueiros ou á falta de partidas específicas nos concellos da comarca para evitar verquidos e o seu saneamento”, sinalou Prado.

A deputada tamén denuncia a desaparición de investimentos nos servizos públicos da comarca onde non hai nin un só euro para o hospital do salnés, para os  centros de saúde da Illa de Arousa, Ogrobe e Vilagarcía de Arousa que se atopan nun estado de deterioro lamentábel, nin partidas para infraestructuras tan necesarias en materia de benestar como os centros de día de Ogrobe, de Vilagarcía ou de Vilanova.

Para o BNG o ensino é outra cuestión que está totalmente desantendida nos orzamentos da Xunta, xa que non hai ningún investimento ás demandas feitas nestes últimos tempos polo profesorado e polas Anpas da comarca, moitas delas levadas ao Parlamento Galego.

Finalmente, a deputada criticou o uso partidista e caciquil destes orzamentos por parte do PP para beneficiar aos concellos amigos. A parlamentaria puso como exemplo a construcción do novo centro de ensino de Vilalonga en Sanxenxo que durante os dous anos que non gobernou o PP neste concello as partidas eran irrisorias  ou o caso da praza de abastos de Cambados que desde que non goberna o PP non fan máis que ralentizar as actuacións para a súa realización cando xa tiña que estar feita.

Prado “Os orzamentos da Xunta non dan solucións aos problemas dos veciños e veciñas da comarca”