O BNG do Salnés fai un chamamento a asistir á manifestación nacional o 25 de xullo, Día da Patria Galega

proba cartaz
proba cartaz

Na comarca celebrarase un acto previo o venres 21 de xullo, ás 20:30 h., no Parque da Xunqueira en Vilagarcía de Arousa

O BNG do Salnés fai un chamamento a asistir á manifestación nacional o 25 de xullo, Día da Patria Galega

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Prado e o responsábel comarcal, Manolo Domínguez presentaron os distintos actos que se celebrarán co gallo do Día da Patria Galega.

Prado fixo un chamamento a todos os veciños e veciñas da comarca a participar na manifestación nacional o 25 de xullo, que sairá ás 12 h da Alameda de  Santiago de Compostela, que baixo o lema “Galiza a nación que compartimos” pretenda ser unha mobilización de “dignidade” dun pobo galego que está en pé e ao mesmo tempo sexa un acto de rebeldía diante da discriminación que Galiza está a sufrir por parte do goberno español.

“Reivindicamos que somos unha nación e que queremos decidir por nós memos en base aos nosos recursos e para o beneficio de todos os galegos e galegas”, sinalou a nacionalista.

O responsábel comarcal, Manolo Domínguez convidou aos veciños e veciñas e colectivos do Salnés ao acto previo ao 25X, que como en anos anteriores celebramos na nosa comarca, e que será o venres 21 de xullo, a partir das 20:30 h., no Parque da Xunqueira en Vilagarcía de Arousa. No acto contaremos coa presenza  dos deputados do BNG Montse Prado e Xosé Luis Rivas “Mini”. Ademais das intervencións políticas, haberá actuacións musicais a cargo de Manolo Dopico e Álvaro Cardalda e ao remate compartiremos uns petiscos.

Ese mesmo día, e dentro das actividades da “Semana da Patria” que a organización xuvenil Galiza Nova está a celebrar por todo o país haberá un acto, ás 19 h., no Parque da Xunqueira baixo o lema “A loita das nación sen estado pola súa soberanía” con Duarte Correa historiador e militante nacionalista e a intervención musical e poética de Anxo Xesteira e Mariña Area.

Como cada ano, o Festigal terá lugar o 24 e 25 de xullo,  cargado con máis de 100 actividades en 2 días, con concertos, maxia, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir,  podendo obter máis información na web festi.gal

O BNG do Salnés fai un chamamento a asistir á manifestación nacional o 25 de xullo, Día da Patria Galega