Prado: “A Xunta non ten ningunha intención en solucionar o conflito laboral en Lantero”

Prado: “A Xunta non ten ningunha intención en solucionar o conflito laboral en Lantero”

En contestación ás preguntas feitas pola deputada do BNG Montse Prado, a respeto do conflito laboral de Lantero, a Xunta de Galiza persiste en que a súa función é de mediar entres as partes e vixiar a documentación polo que para o BNG demostra que non hai intención algunha en defender os postos de traballo que están en risco.

Unha vez máis a Xunta de Galiza e o PP despreocúpanse diante do panorama laboral na que se atopa a comarca do Salnés, sendo unha das comarcas con máis alto nivel de paro de toda Galiza, con 12.470 parad@s e cunha poboación activa de menos de 40.000 persoas.

Montse Prado sinala que a destrucción de emprego industrial no Salnés é estremecedora ao que hai que sumarlle o desmantelamento dos sectores estratéxicos como o agro e o mar. Para a nacionalista todo isto é consecuencia das políticas do PP, que en vez de buscar unha solución aos conflitos laborais do Salnés como o de Alfageme, Cuca, … vemos como agora diante do conflito laboral que hai na empresa Lantero, que contempla o despido de 55 traballadores e un recorte salarial do 20%, a Xunta de Galiza non manifesta intención algunha de facer algo.

Para a deputada é lamentábel que o Goberno de Galiza se adique 2004.11.19-visita lanterosó a vixiar a documentación presentada pola empresa e de ceder as instalacións para as xuntazas das partes, en vez de usar os instrumentos políticos que ten ao seu alcance. A deputada recrimínalle “un goberno ten que exercer como tal, polo que ten que actuar e implicarse para dar unha solución aos traballadores de Lantero diante da situación de vulnerabilidade e indefensión na que se atopan”.

Para o BNG un goberno non é un grupo de funcionarios e técnicos para lexislar , un goberno ademais de preocuparse ten que ocuparse en buscar solucións diante da precarización brutal e da pérdida de condicións laborais e salariais d@s traballladores e traballadores, sobre todo na situación de desemprego na que se atopa a comarca do Salnés.

A respecto das declaracións da Directora Xeral de Traballo, onde afirmaba que a acta de infracción por vulneración do dereito de folga está aínda aberto, Prado sinala que máis unha vez está claro que os prazos e trámites da Xunta de Galiza cando se tratan das grandes empresas dilátanse no tempo polo que se mostra que non hai intención algunha de que esta acta de infracción acabe en sanción.

Finalmente, a deputada pediulle á Directora Xeral de Traballo que dixera cales foron as axudas que a empresa Lantero recibiu das Administracións polo seu traslado, modernización e compra de maquinaria punteira e a situación real da acta de infracción.