Prado: “ Unha vez máis a comarca do Salnés é a gran esquecida nos Orzamentos da Xunta de Galiza”

Prado: “ Unha vez máis a comarca do Salnés é a gran esquecida nos Orzamentos da Xunta de Galiza”

A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado compareceu en rolda de prensa para trasladar a opinión do BNG a respecto dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2016 e facer unha análise destes orzamentos para a comarca do Salnés.

Prado considera estos orzamantos de “continuistas” e califica de “propaganda electoral” o incremento do orzamento para o 2016 en casi catrocentos millóns de euros, cando desde a chegada de Núñez Feijoó ao Goberno Galego no 2009, o orzamento reduciuse en dez mil millóns de euros.

“O Partido Popular está vendendo uns orzamentos con menos impostos, sen endebedamento, presumen de cumprir co teito de gasto imposto polo Goberno central e con máis recursos”, cando realmente sinala a nacionalista, “son uns orzamentos que non se axustan ás necesidades dos galegos e galegas por seguir coas políticas de recortes nos servizos públicos e non investir en políticas para xerar emprego”.

Comarca do Salnés

A respecto da comarca do Salnés, Montse Prado sinala 20151022_135414-que volve a ser a “gran esquecida” nos orzamentos da Xunta para o 2016 e critica a nula implicación do Partido Popular coa comarca.

Para o BNG nestes orzamentos non están as grandes necesidades da comarca, como as mellores dos centros educativos de Rubiáns e Arealonga en Vilagarcía de Arousa, o CEIP da Illa de Arousa ou o colexio Rosalía de Castro en Ogrobe con importantes carencias e necesidades tan denunciadas pola comunidade educativa e considera de fraude e burla a partida de 40.000 euros para o colexio de Vilalonga en Sanxenxo que tanto precisa dun novo centro educativo.

En canto a sanidade, Prado critica a falta de investimentos na comarca onde non se destina nada para os centros de saúde da Illa de Arousa, Ogrobe e Vilagarcía de Arousa que se atopan nun estado de deterioro lamentábel ou a falta de partida á tan demandada ambulancia de soporte vital avanzado na comarca, polo que demostra a falta de compromiso do Partido Popular coa comarca.

O BNG denuncia ademais a falta de partidas concretas destinadas á creación de emprego, e si partidas importantes para o desmantelamento e desguace das embarcacións ou para potenciar a acuicultura, en vez de investir no estudo da mortandade do berberecho, na recuperación dos bancos marisqueiros da ría como o do Saco de Fefiñáns ou os Lombos do Ulla e para o saneamento da nosa ría.

A deputada tamén denuncia a desaparición de investimentos nos servizos públicos da comarca como é o caso dunha partida específica para o Centro de Día en Cambados, en infraestructuras como o vial de Vilagarcía de Arousa a Pontevedra, non aparece o Xulgado de Vilagarcía de Arousa ou a baixa de partidas no sector do comercio que é un dos sectores que máis xera emprego na comarca .

Finalmente, o BNG califica estes orzamentos de insuficentes, que non atenden ás necesidades básicas da comarca do Salnés e reunirase cos diversos sectores e portavoces municipais do BNG da comarca en vistas de presentar as emendas oportunas.

 

 

Prado: “ Unha vez máis a comarca do Salnés é a gran esquecida nos Orzamentos da Xunta de Galiza”