Prado: “@s veciñ@s do Salnés témonos que revelar contra os recortes de sanidade na comarca”

Prado: “@s veciñ@s do Salnés témonos que revelar contra os recortes de sanidade na comarca”

A deputada do BNG, Montse Prado xunto con traballadores de ambulancias do 061, ven de presentar públicamente as distintas iniciativas presentadas no Parlamento Galego para que se dote á comarca do Salnés dunha ambulancia medicalizada de xeito permantente.

O persoal que presta os seus servizos nas ambulancias do 061 no Salnés veñen de denunciar que están a prestar os servizos propios duha ambulancia medicalizada con ambulancias convencionais ou asistenciais, que, ou ben son “medicalizadas” indo a buscar o persoal médico e de enfermería aos centros de saúde ou Pacs, co cal se perde un tempo vital,ademais de deixar desatendidos estes centros, ou proceder ás chamadas transferencias en ruta, consistentes en sair ao encontro da ambulancia medicalizada, que ten base en Pontevedra, e proceder a medio camiño a trasvasar @s doentes dunha ambulancia a outra no medio da rúa ou en gasolineiras, cando non ter que seguir hacia o centro hospitalario por atoparse esta ocupada.

A nacionalista manifestou a necesidade de revelarnos e de actuar fronte ás políticas do PP de desmantelamento sistemático e continuo da sanidade pública galega con recortes nos orzamentos, recortes de persoal, peche definitivo de máis de 300 camas e de máis de 1.000 durante a tempada de verán e que son a consecuencia de que cada día teñamos menos sanidade pública, colapso nos servizos de urxencias, carga de traballo no persoal sanitario.

Montse Prado sinalou “20150318_114751nunca un goberno desfixo tanto en tan pouco tempo, nin fixo tanto dano á sanidade pública galega desde que Feijoó chegou ao goberno da Xunta no 2009", adoptando medidas sempre en beneficio da sanidade privada e das grandes empresas de fóra de Galiza como fixo coa adxudicación da tan demanda ampliación do hospital do Salnés e que todo indica que vai facer o mesmo co novo concurso de ambulancias do 061.

A parlamentaria denunciou que a situación da nosa comarca é “tremenda”. Para o BNG o PP leva incumprindo sistematicamente todas as promesas que fixo como a tan demandada ampliación do Hospital do Salnés que segue sen ser unha realidade a día de hoxe, seguen sen construirse os novos centros de saúde da Illa de Arousa, Ogrobe e Vilagarcía, os demais centros de saúde da comarca están con grandes deficiencias e que o novo concurso de transporte Sanitario Urxente na Galiza non contempla a dotación de ambulancia medicalizada para O Salnés.

É evidente que os recursos sanitarios existentes no Salnés non permiten a atención de patoloxías de extrema gravidade, nin a maior parte das veces, prestar asistencia médica in situ a doentes de extrema gravidade, nin asistilos con persoal facultativo nin de enfermería durante os traslados a un centro hospitalario, ao non contar con ambulancia medicalizada nin ter UCI o Hospital do Salnés,

Para a nacionalista o PP ten demostrado sobradamente que a súa folla de ruta é a de 20150318_120847privatizar e recortar cada vez máis nestes servizos públicos, coa única fin de que as empresas adxudicatarias aumenten os seus beneficios, aínda a conta de precarizar na atención e servizos ás persoas.

Fronte a isto dende o BNG entendenmos que é preciso reclamar un servizo tan necesario, e que atenda e teña como principal obxetivo o de servir e velar pola saúde de toda a poboación do Salnés con unha ambulancia medicalizada, imprescindíbel para non seguir a poñer en risco a saúde e vida d@s veciñ@s da comarca, polo que desde o BNG iniciarase unha campaña de recollida de sinaturas e presentación de mocións en todos os concellos do Salnés.

Finalmente, á pregunta que lle fixeron os medios a respeto das declaracións do presidente da Mancomunidade do Salnés e alcade do PP en Vilanova de Arousa na que afirmaba descoñecer que non había ambulancia medicalizada na comarca, Prado sinalou que Gonzalo Durán é médico, bo coñecedor do que acontece na comarca e que sabe xogar moi ben a parecer que non ten nada que ver co PP cando realmente ten responsabilidades orgánicas dentro do seu partido e pídelle que si lle parece grave esta situación que actúe e que se enfrente ás decisións do seu partido.