O PP SEGUE A ENGANAR Á XENTE

O PP SEGUE A ENGANAR Á XENTE

O Conselleiro de Medio Ambiente anunciou, hai uns días no Grove, que a súa intención era contratar as obras de saneamento do Saco de Fefiñáns antes do verán; é dicir, que volven a retrasar a contratación dunhas obras reiteradamente prometidas. Semella que para ser unha obra prioritaria, segundo o conselleiro, non se pode dicir que se estean tomando este asunto moi en serio, pois xa ían estar contratadas o pasado ano. Como o BNG ven afirmando desde hai tempo, esta forma de actuar do PP, significa que o verdadeiramente prioritario, para eles, son as comportas e non o saneamento. O que demostra, unhaVíctor Caamaño. vez máis, que para levar a cabo o seu proxecto particular saben de onde sacarnos os cartos, pero para os proxectos que benefician á maioría dos veciños e veciñas e dos cales dependen postos de traballo, para eses non hai data fixa. Para os proxectos de interese social e económico, como é o caso do saneamento do Saco, só a presión social pode conseguir que algún día sexan unha realidade, porque pola iniciativa do PP non se faría nunca.

Como se pode fiar o cidadán dun grupo político como o PP que se pasa o tempo facendo promesas que logo non cumpre. Que valor teñen as promesas de Aragunde de que as comportas so funcionarán cando se faga o saneamento se xamais cumpren o que din a pesar de prometelo en múltiples ocasión. Hai que preguntarse como se pode aceptar que nunha situación de crise económica extrema se gasten os cartos de todos/as nunhas comportas para adornar e non se fagan as inversións en saneamento que terían unha consecuencia directa sobre os postos de traballo do marisqueo. Onde está a planificación do PP que pon o “carro”, as comportas, diante dos “bois”, o saneamento. De seguro que, a día de hoxe, xa ninguén se estraña desta forma de actuar, pois o PP tenos acostumados a facer as cousas sen palnificación (que é iso?), a poñer os seus intereses partidistas por diante dos da cidadanía, a utilizar os cartos públicos con moita “alegría” e a facer promesas que non cumpre. Pero estas son cuestións suficientemente graves como para non ser toleradas en ningunha formación política e a cidadanía debe tomar boa nota para o futuro.