O PP non se pronuncia sobre a “conflitividade laboral” da Residencia Valle-Inclán

O PP non se pronuncia sobre a “conflitividade laboral” da Residencia Valle-Inclán

(Videos no interior) Montse Prado reclamou manter as 110 prazas concertadas, cumprir as sentenzas xudiciais que declaran nulos os despedimentos e se impida a futura concesión para atención residencial ás empresas implicadas nas irregularidades laborais e de xestión neste centro

Prado-en-comisiónA portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado lamentou hoxe que, unha vez máis, o Partido popular votara en contra da proposta nacionalista destinada a resolver “a conflitividade laboral” provocada polos responsábeis da empresa que presta os seus servizos á Residencia Valle-Inclán .

Prado lembrou que xa no ano 2013, o BNG presentou diversas iniciativas facéndose eco das denuncias das traballadoras contra a empresa Viajes Silgar S.L que xestiona a atención residencial a maiores con dependencia a través dun concerto coa Consellería de Traballo e Benestar.

Na súa intervención denunciou o “desleixo” da consellería por consentir “irregularidades” como “a concesión contractual” de Viajes Silgar á empresa Nurtime.

Pasados máis de catro meses, dixo, “non se coñece ningún actuación da consellería sobre a xestión do servizo público mediante concerto para a reserva e ocupación de 110 prazas de atención residencial nin da obriga de readmisión das traballadoras tras 17 sentencias que declaran nulos os despedimentos.

Por outra parte, a nacionalista criticou que a titular de Traballo, Beatriz Mato, “negarase a recibir as traballadoras afectadas” cando onte mesmo, dixo, tentaron entrar na empresa a traballar e a conselleira que se atopaba de visita no Salnés volveu a rexeitar un encontro co colectivo de traballadoras.

“A conselleira pasa dos problemas” reiterou a deputada que volveu reclamar unha acción do Goberno galego para resolver a descapitalización da empresa e os abusos ás traballadoras e criticou a publicación dunha nova adxudicación sen agardar a “poxa” o que ,ao seu xuízo, responde a “unha actuación programada para que empresas que teceron un entramado corrupto poidan acceder a concesión sen pagar os 7 millón de euros que se adebedan”.

É indecente que o Goberno “deixe tiradas ás traballadoras” e que o Partido popular “sega sen dicir nada” sobre o acontecido, a pesar das sentenzas xudiciais que acreditan o dereito á readmisións das afectadas, concluíu.

http://youtu.be/rKybT2AfrrY

http://youtu.be/557To-2GC70