PP: o maior perigo para os sectores produtivos galegos

PP: o maior perigo para os sectores produtivos galegos

Que pouco lle costa ao PP dicir que si nun ano electoral. Onte tivemos a ocasión de comprobalo no pleno de Cambados cando tratamos a moción “de apoio á correcta etiquetaxe do mexillón transformado”. Tratábase dunha moción levada a pleno polos tres grupos políticos e o que realmente se buscaba é que na etiquetaxe do mexillón transformado ou en conserva, apareza a procedencia deste, e poida comprobarse que foi cultivado nas nosas augas. Por suposto que todos estivemos dacordo, pois trátase dunha cuestión de sentido común imprescindible para este sector produtivo galego xa que a calidade do noso produto está perfectamente consolida e non podemos permitir que peor produto, procedente doutros países, sexa transformado aquí e etiquetado como orixinal das nosas augas. Isto sería un fraude para o consumidor pero sobre todo unha competencia desleal ao noso mexillón de calidade, o que tería consecuencias catastróficas para o sector produtivo do mexillón galego. Por iso foi normal que a moción fora apoiada polos tres grupos políticos pois doutro xeito se lle estaría dando as costas a este importaVICTOR-CAAMAÑO1nte sector económico galego.

O que xa non é normal, foi o que pasou no pleno de outubro de 2012, cando o BNG presentou a moción “para a etiquetaxe obrigatoria dos produtos galegos do mar para a conserva ou transformación”, e os de Aragunde votaron en contra do que agora votan a favor; por suposto non estabamos en ano electoral. Naquel momento o BNG xa tentou impedir, no Parlamento Europeo, a iniciativa do PP para tratar de introducir no documento de “Organización Común de Mercado dos productos da pesca e acuicultura” que non se debería esixir a inclusión obrigatoria nas etiquetaxes da procedencia dos produtos do mar. O máis indignante é que a ocorrencia de non incluír a procedencia do produto na etiquetaxe, partiu dunha emenda presentada pola Eurodeputada Carmen Fraga, do PP, defendendo escuros intereses empresariais e dando á vez a “puntilla” ao sector marisqueiro galego. Como se pode comprobar, os representantes do PP son o maior inimigo para os sectores produtivos galegos e se xa resulta duro competir nos mercados internacionais, non existe maior dureza que estar gobernado polo PP.

No PP sobra hipocresía, e xa temos sobradamente comprobado como un día din unha cousa e ao dia seguinte din o contrario, sen ruborizarse (xa están acostumados). A lección que debemos sacar deste asunto é que nunha democracia non resulta obrigatorio estar gobernado polo PP.