FESTA COMARCAL POLO DÍA DA PATRIA GALEGA EN CAMBADOS

FESTA COMARCAL POLO DÍA DA PATRIA GALEGA EN CAMBADOS

O BNG do Salnés celebrou este martes en Cambados a Festa Comarcal polo Día da Patria Galega como acto previo á manifestación que o BNG celebrará o 25 de Xullo en Santiago de Compostela.

No acto no que participaron máis de 200 militantes e simpatizantes da comarca inte2014.07.22- festa comarcal dia da patria galegarviu o portavoz municipal de Cambados, Víctor Caamaño e a deputada no Parlamento Galego, Montse Prado que fixo un chamamento a asistir este venres a Compostela para reivindicar que Galiza é unha nación e a mobilizarse polos nosos dereitos e por unha Galiza soberana e así poder solucionar os problemas do pobo galego.

O portavoz nacional do BNG Xavier Vence sinalou que o 25 de Xullo ten que servir para demostrar que os galegos e galegas esiximos un cambio ás políticas recentralizadoras do PP, políticas que van contra os nosos sectores produtivos, que provocan o desmantelamento dos servizos públicos e que leva cada día máis ao empobrecemento do país. “Temos que poñer o noso país en pé para defendernos das políticas neoliberais que nos tratan de implantar” afirmou Xavier Vence. 2014.07.22- festa comarcal dia da patria galega2

No acto tamén participou Xoán Antonio Pillado, primeiro alcalde nacionalista da comarca e concelleiro en varias lexislaturas que recibiu o recoñecemento do BNG do Salnés polo seu traballo e dedicación á organización durante todos estes anos.

Durante o acto @s asistentes disfrutaron da actuación musical da cambadesa Pauliña e de música tradicional e ao remate compartiron uns petiscos.

 

 

 

 

 

FESTA COMARCAL POLO DÍA DA PATRIA GALEGA EN CAMBADOS