Davila pregunta polo verquido de sustancias químicas no Porto de Vilanova de Arousa.

Davila pregunta polo verquido de sustancias químicas no Porto de Vilanova de Arousa.

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila ven de presentar unha batería de preguntas relativas ao verquido producido o pasado día 24 de outubro no Porto de Vilanova de Arousa.

O día 24 de outubro mariñeiros e mariscadoras de Vilanova alertaron á Polícía Local eCONGRESO ao Seprona de que as augas do Porto de Vilanova, concretamente no lugar onde se atopan as embarcacións pequenas, estaban de cor branca e todas as especies mariñas que habitan nesa zona mortas.

Aínda que as primeiras investigacións apuntan á posibilidade de que o verquido se producise pola limpeza con produtos químicos dos pilóns dunha depuradora de moluscos que se atopa ao lado do Porto de Vilanova, o BNG denuncia as graves consecuencias medio ambientais que pode provocar este tipo de verquidos, máis tendo en conta a proximidade do banco marisqueiro O Ariño.

Diante do acontecido, o BNG ven de preguntar ao Goberno español si se realizou a pertinente investigación por parte do Seprona para saber exactamente o que aconteceu, si se sabe a procedencia do verquido e si se abriu o expediente sancionador aos responsábeis de dito verquido.