O BNG reúnese cunha representación de traballadores que prestan os seus servizos no 061

O BNG reúnese cunha representación de traballadores que prestan os seus servizos no 061

O BNG continúa coa campaña informativa na comarca do Salnés e celebra unha charla-coloquio este xoves en Cambados.

O portavoz do Grupo Paambulanciasrlamentar do BNG, Francisco Jorquera e a voceira de Sanidade, Montse Prado reuníronse no Parlamento Galego cunha representación de traballadores de ambulancias do 061 diante da precarización e recortes no que se atopa este servizo na comarca do Salnés.

Ademais das iniciativas parlamentares que o BNG presentou instando á Xunta de Galiza a dotar dunha ambulancia medicalizada de xeito permanente no Salnés, a deputada ven de solicitar unha serie de documentación para que se informe da relación dos servizos realizados desde o 2012 polas ambulancias de Soporte Vital Básico, ou asistenciais, nos concellos de Sanxenxo, Ogrobe, Cambados e Vilagarcía de Arousa e nos que foi preciso medicalizadas con persoal médico ou de enfermería tantos nos Centros de Saúde como nos Pacs.

O BNG do Salnés sigue coa campaña informativa na comarca para explicarlle aos veciñ2015-03-26 Charla Por unha sanidade de primeira Cambadosos e veciñas o que realmente está pasando coa sanidade e este xoves 26 de marzo, ás 20´30 h., celebrará unha charla-coloquio en Exposalnés-Cambados baixo o título “Non á sanidade como negocio” na que ademais da deputada Montse Prado estará Víctor Caamaño, portavoz municipal, Xosé Manuel Ribadomar, Técnico de Emerxencias Sanitarias e Concha Barreiro, afectada pola Hepatite C.