O BNG reclama explicacións ante a pésima proxección da localidade co tríatlon fallido de onte

O BNG reclama explicacións ante a pésima proxección da localidade co tríatlon fallido de onte

Dende o BNG de Vilagarcía de Arousa, ante o acontecido no día de onte, queremos lamentar a imaxe ofrecida por parte do goberno deste concello pola suspensión da proba de tríatlon que se tiña que ter celebrado nesta vila.foto1

É inxustificábel que se colabore nun evento e que logo teña que ter suspendido no mesmo momento por cuestións organizativas, sendo responsabilidade do propio concello velar polo cumprimento das medidas de seguridade para o desenvolvemento do mesmo. Cando unha administración pública colabora nunha actividade é a súa obriga garantir o seu funcionamento e non pode limitarse exclusivamente a labores de publicidade (roldas de prensa, etc).

Polo tanto, dende o BNG reclamámoslle ao concelleiro de deportes e ao propio alcalde que dean as explicacións oportunas ante a gravidade dos incumprimentos dos que se lles acusa por parte da organización do evento, e da súa escasa implicación nesta proba provocando co seu desleixo unha imaxe nefasta deste concello.