O BNG RECLAMA O ARRANXO DO PARQUE DA COCA, PARA O SEU INMEDIATO DESFRUTE DA VECIÑANZA

O BNG RECLAMA O ARRANXO DO PARQUE DA COCA, PARA O SEU INMEDIATO DESFRUTE DA VECIÑANZA

IMG_0303Neste senso o BNG esixe a Fole e ao PP que dea cumprimento a moción presentada polo BNG en novembro de 2012 e que foi aprobada polo Pleno.

Para o BNG non é de recibo que tras dous anos da aprobación por unanimidade da moción para o arranxo do parque da Coca presentada polo BNG no Pleno de Vilagarcía de Arousa, o PP deste Concello non teña asumido estas peticións que pleno tras pleno vimos reclamando, deixando a este parque no estado de abandono no que se atopa a día de hoxe.

O BNG considera lamentable o estado de deterioro no que se atopa este espazo público na actualidade, un deterioro que ven dado pola persistencia de problemas que non foron resoltos como: os vertidos no propio parque, falla de muros de contención nas beiras do río que impidan o arrastre do seu chan, falla de valados de protección, falla de iluminación, a tala indiscriminada e non reposición das árbores (perda de masa arbórea e falla de coidado e mantemento da mesma), o deterioro do seu mobiliario (bancos rotos, papeleiras arrancadas, zona e elementos de xogo degradados, elementos das farolas e cableado ao descuberto con perigo para as persoas)...

En definitiva un estado abandono que mostra unha vez máis a carencia e nula política medioambiental e de recuperación de espazos naturais do Partido Popular, así como o desprezo de Fole por solucionar os problemas reais das veciñas e veciños de Vilagarcía.IMG_0321

O BNG considera unha tomadura de pelo que mentres un espazo natural como o parque da Coca, que ademáis resulta tan necesario para a veciñanza desta zona e tamén para toda a cidadanía de Vilagarcía, se atopa nun estado tan deteriorado e degradándose dia a día sen que se faga nada por impedilo; pola contra, o PP dedícase a gastar a mans cheas o diñeiro público para a súa campaña electoral, poñendo asfalto sobre asfalto, de “fontes luminosas” ou de actuacións non prioritarias e meramente electoralistas no casco urbano.

O BNG reclama a Fole que deixe de estar de costas aos veciños e veciñas e que atenda dunha vez por todas os problemas da cidadanía e neste caso cumpra coa moción presentada polo BNG, que foi aprobada no Pleno e arranxe e acondicione dunha vez por todas o parque da Coca.