O BNG reclama ao Parlamento Galego a non autorizar a construción dunha represa no río Umia.

O BNG reclama ao Parlamento Galego a non autorizar a construción dunha represa no río Umia.

Diante da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra onde se  solicita por parte de Gestora Inmobiliaria La Toja S.A autorización de obras de construción dunha represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, en  Ribadumia, o BNG, a través da deputada Montse Prado, ven de presentar unha batería de preguntas, para a súa resposta en comisión, relativas á construción dunha represa no río Umia para a captación de auga para a illa da Toxa.

Para o BNG,  a realización desta represa non ten xustificación, nin desde o punto de vist20151130_172211a da necesidade de subministro,  xa que os concellos do Salnés captan  a maior parte da auga que consumen no río Umia no lugar de Ponte Arnelas, que previo paso pola depuradora ubicada en Treviscoso, distribúe auga aos diferentes concellos, contando o concello de Ogrobe con tubaxe propia, nin desde o impacto medioambiental que supón, tanto a infraestrutura como a canalización, para o ecosistema do Umia. Ao que hai que  engadir as manifestacións que teñen saído nos medios de comunicación da inmobiliaria, nas que declara que non ten maior interese na infraestrutura e que foi Augas de Galicia quen lles obrigou a facer dita obra.

O Bloque Nacionalista Galego, súmase aos colectivos que no Salnés manifestan a súa oposición a esta actuación no río Umia, (Colectivo Ecoloxista do Salnés, Club Naútico o Muíño, Asociación de Veciños de Oubiña...) un río que xa padece múltiples agresións mediambientais.

O BNG presenta ademais unha proposición non de lei instando ao goberno Galego a que busque outras alternativas para o subministro de auga á illa da Toxa, si non é suficiente o subministro que chega ao concello de Ogrobe a través do subministro público, e que non autorice as obras de construción dunha represa no lugar de Atranco, parroquia de Cabanelas, en Ribadumia,  xa que a mesma afecta a espazos e especies protexidas.